Os doentes ingresados, sobre todo durante tempo prolongado, i en especial os ingresados por COVID, poden sufrir desacondicionamento físico, disnea secundaria ao exercicio e atrofia muscular importante, similar á producida por outras síndromes como a SARS ou MERS.
Por isto ao alta hospitalaria é necesaria unha valoración, ademáis de clínica, do estado respiratorio e funcional do doente, a prescrición de actividade física adaptada e, de considerarse necesario, unha derivación ao fisioterapeuta de Atención Primaria.
Para axudar nesta labor, os compañeiros de SOGAFI elaboraron un documento de seguemento en UFAP ( Unidades de Fisioterapia de Atención Primaria) en fase contaxiosa ao alta hospitalaria e ademáis unha serie de vídeos sobre exercicios para recomendar en consulta
Tamén de moito interese a pílula Salubrízate de exercicios respiratorios