GRUPOS DE TRABALLO DA AGAMFEC

Se estás interesado en participar nun grupo de traballo ou crear un novo, ponte en contacto coa coordinadora de grupos, Mercedes A. Hernández Gómez. Contacto: gruposdetraballo@agamfec.com

Non esquezas ler as Normas de funcionamento dos Grupos de Traballo
Os grupos son xunto coas vocalías, a alma da nosa sociedade. Son os seus membros os que fan a investigación, o ensino, e toman o pulso ás novas demandas dos cidadáns e da nosa profesión, e buscan estratexias para actualizar coñecementos e habilidades para manterse ó dia e continuar a servir a poboación. Formar parte dun grupo de traballo permiteche poñer en común experiencias con outros profesionais que teñen, dentro da medicina de familia, intereses comúns. Estes intereses levaron á creación de grupos de varios temas. Esta variedade non para de crecer ante os novos problemas de saúde e á luz de novos estilos de vida.

Actividades formativas externalizables: Agamfec traeche as actividades de formación onde as precises, adaptandoas as túas necesidades. Consulte a oferta formativa e pídanos un orzamento.

GRUPOS de traballo

  1. ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE
  2. ALCOLISMO
  3. PACAP
  4. CIRURXÍA MENOR, DERMATOLOXÍA E VENDAXES FUNCIONAIS
  5. COMUNICACIÓN E SAÚDE
  6. DIABETES
  7. ECOGRAFÍA
  8. ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES
  9. ENFERMIDADES INFECCIOSAS
  10. ENFERMIDADES RESPIRATORIAS
  11. MEDICINA RURAL
  12. NOVAS TECNOLOXÍAS
  13. PATOLOXÍA OSTEOARTICULAR E INFILTRACIÓNS
  14. ATENCIÓN Á INFANCIA
  15. RESPONSABILIDADE MÉDICA PROFESIONAL
  16. INVESTIGACIÓN
  17. URXENCIAS
  18. VIOLENCIA DE XÉNERO
  19. ATENCIÓN AO ANCIÁN
  20. BIOÉTICA
  21. INEQUIDADES EN SAÚDE E SAÚDE INTERNACIONAL
  22. ATENCIÓN Á DOR