Hoxe iniciou a campaña de vacinacion antigripal e antipneumococica 2015, e estara aberta ata o 19 de decembro.
Os Obxectivos da campaña son Minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuir o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela.
Este ano pretendese conseguir unha cobertura da poboación en 65 ou máis anos: ≥ 65%. E conseguir unha cobertura nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde: ≥ 35%
Poboación a vacinar
- Persoas de 60 ou máis anos, facendo especial fincapé nos maiores de 65 anos
- Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas
- Mulleres embarazadas
- Persoas < 60 anos e maiores de 6 meses, que por ter algunha destas patoloxías, presentan maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe:
- Enf cardiovasculares, respiratorias, renais ou hepáticas
- Enf neurolóxicas e neuromusculares
- Enf metabólicas
- Hemoglobinopatías ou anemias
- Asplenia ou disfunción esplénica
- Persoas con inmunodepresión ou cancro
- Enf ou trastornos con disfunción cognitiva
- Obesidade mórbida (persoas con IMC ≥ 40 en adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3DS na infancia)
- Pacientes portadores de implantes cocleares ou en espera
- Traballadores de centros sanitarios, especialmente aqueles que atenden a pacientes de alto risco
- Estudantes en prácticas en centros sanitarios
- Persoas que traballan en institucións pechadas en contacto con persoas vulnerables
- Asistentes domiciliarios de anciáns ou persoas de risco
- Conviventes de persoas de grupos de risco
- Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade
Como novidade, este ano, a Conselleria de Sanidade puxo en marcha unha web (http://gripe.sergas.es) con información tanto para profesionais sanitarios, como aspectos prácticos para a cidadanía.