Inscrición – XXII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria

Información Xeral

Dende esta mesma páxina pódese inscribir nas XXII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria.

Pulsa AQUÍ para inscribirte

Deberá enviar o formulario de inscrición cumprimentado na sua totalidade, de forma lexible e acompañado do pago correspondente. Confirmaranse por escrito todas as inscricións recibidas.

Taxas Inscrición

1. Socio Senior AGAMFEC ou AGEFEC

159€

2. Socio Senior doutra Sociedade de Atención Primaria

185€

3. Non Socio Senior de ningunha Sociedade de Atención Primaria

226€

4. Residente Socio AGAMFEC ou AGEFEC

92€

5. Residente Socio doutra Sociedade de Atención Primaria

118€

6. Residente Non Socio de ningunha Sociedade de Atención Primaria

134€

7. Xubilado Socio AGAMFEC ou AGEFEC

92€

8. Cea Oficial das Xornadas (Venres, 8 de febreiro)

45€

 

As taxas do 1 ao 7 inclúen: Asistencia ás sesións científicas e documentación oficial das Xornadas.

As taxas 4, 5 e 6: Imprescindible adxuntar documento en papel oficial da institución firmado polo xefe de servizo/supervisor.

A taxa 8: prazas limitadas, reserva por rigorosa orde de chegada das solicitudes.

Obradoiros (venres 8 febreiro)

Os Obradoiros son gratuítos. Prazas limitadas, máximo dous obradoiros por persoa. As inscricións aos obradoiros realizaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Para asistir aos mesmos é imprescindible estar inscrito ás Xornadas en xeral. A organización resérvase o dereito de cancelar algún obradoiro en caso de non ocuparse un número mínimo de prazas.


Data límite para inscribirse antes das xornadas

31 de Xaneiro de 2019. A partir desta data a inscrición deberá realizarse na sede Hotel Aticca 21 na área de acreditación (ver horario a continuación).

Horario Secretaría

Venres, 8 de febreiro: de 9:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h.

Sábado, 9 de febreiro: de 9:00 a 14:00 h.

Forma de Pago

Poderá realizar o pago das taxas de inscrición mediante unhas destas opcións:

Transferencia Bancaria: A nome de AGAMFEC, ao número de conta IBAN ES11 2080 0300 85 3045561003 de Abanca (R/ Montero Ríos 7, 15701 de Santiago de Compostela). Unha copia da transferencia debe ser remitida xunto co formulario de inscrición. E-mail: secretaria@agamfec.com

Data límite para efectuar transferencias: 31 de xaneiro de 2019.

Tarxeta de crédito: Marque o apartado correspondente do formulario de inscrición. Non esqueza asinar o formulario, indicar o nome do titular da tarxeta, a data de caducidade e o código de control. Aceptanse, unicamente, tarxetas Visa e MasterCard.

Cancelacións e Cambios

As cancelacións deberán realizarse por escrito. Aplicaranse as seguintes normas: todas as cancelacións recibidas antes do 8 de xaneiro de 2019 darán dereito á devolución do importe aboado, excepto 25€ en concepto de gastos administrativos. A partir de dita data non se farán devolucións. As devolucións realizaranse aproximadamente un mes despois das Xornadas.

Cada cambio de nome do participante inscrito implicará unha taxa de 10€ en concepto de gastos administrativos. Só se poderán realizar cambios de nome dentro da mesma taxa de inscrición.