300 persoas do mundo sanitario e científico piden crear unha axencia independente para controlar o gasto sanitario

Un grupo de 300 investigadores e sanitarios, entre os que se atopa a presidenta de Agamfec, Susana Aldecoa, veñen de lanzar un manifesto no que avogan pola creación dun organismo independente para avaliar as prácticas e políticas sanitarias postas en marcha en España.

No documento, que leva por nome Por un Hispa-Nice: ahora o nunca, os asinantes lembran que a actual pandemia puxo en evidencia diversas debilidades do Sistema Nacional de Saúde (SNS), entre as que se encadran “las relacionadas con la arbitrariedad en la toma de decisiones sobre la provisión y financiación de diferentes medicamentos, pruebas diagnósticas, programas o intervenciones sanitarias, sobre la creación de algunas infraestructuras sanitarias y sobre el establecimiento de prioridades en políticas de salud de amplio espectro.” Aínda que saben que “nada de esto es nuevo”, están convencidos de que o SNS necesita unha institución similar á posta en marcha noutros países de referencia polo seu sistema sanitario, como o caso do National Institute for Health and Care Excellence (NICE) do Reino Unido. Un Hispa-Nice de avaliación das prestacións sanitarias, incluíndo a avaliación económica e o seu impacto orzamentario.

Trataríase de crear un órgano de avaliación independente, ao estilo da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), con personalidade xurídica propia, autonomía funcional e con procedementos e funcións ben definidas, que se ocupe de analizar as prestacións sanitarias, as súas tecnoloxías, medicamentos e indicacións terapéuticas, intervencións de prevención e saúde pública, e outras políticas de saúde, compaxinando resultados en saúde cos custes que supoñen para o SNS e para o conxunto da sociedade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies