Dende a semFYC e as 17 sociedades federadas que a compoñen gustaríanos facer notar que estes contratos:
1.- Vulneran a legalidade, sen seren de aplicación as medidas excepcionais previstas no Real Decreto-ley 29/2020, pois este atópase derogado.
2.- Demostran un claro menosprezo para os/as xoves médicas/os de familia
3.- Supoñen un risco para os pacientes
4.-Supoñen un risco de inseguridade xurídica para os e as profesionais que opten a este tipo de contratos.