A Agamfec, principal sociedade dos médicos de familia de Galicia quere manifestar a sua postura no debate sobre a pertinencia de novas facultades de medicina e da falta de profesorado. Os numeros falan por si mesmos: dos 241 profesores asociados de ciencias da saude (PACS) so 6 en toda Galicia son de Atencion Primaria. Ámbito onde realizan practicas os alumnos de medicina con gran valoración, por certo, mais sen ningunha consideración académica. Hai trabas para a acreditación do profesorado. Pois nós temos ofrecido unha solución: si se creasen unhas 80 prazas de PACS en Atención Primaria en Galicia, podíase crear unha nova estrutura docente que permitiría aos alumnos ser mentorizados por un médico de familia o longo de seu grao e seguir personalizadamente a sua formación en adquisición de habilidades e competencias básicas de medicina , que o que se fai nos centros de saúde de toda Galicia. Estamos agardando a que se tomen medidas e rematen as discusións esteriles.
O futuro vénsenos enriba.