AGAMFEC INFORMA COVID19

O debate da dismenorrea

Agamfec, principal sociedade dos médicos de familia de Galicia, está asombrada polas declaracións do presidente da Sociedade de Xinecoloxía de Galicia, doutor Obispo, sobre o actual debate da dismenorrea e a súa consideración laboral.

Estamos asombrados, porque as mulleres teñen acceso a atención especializada. En tódolos casos e a tódalas especialidades sen ningún limite, sempre tendo en conta a súa situación clínica. Outro tema será o acceso ás consultas especializadas no medio privado, que cada unha as fará segundo a súa vontade e dispoñibilidade económica. Os médicos de atención primaria son especialistas en medicina familiar e comunitaria, polo que a falta de atención especializada non é tal en ningún caso.

Sentimos estrañeza pola afirmación de que nin os médicos de familia nin as matronas teñen capacidades para diagnosticar unha dismenorrea. Este tipo de afirmacións sembran confusión e desconfianza sobre os profesionais de atención primaria. Coñecer a endometriosis, e diferenciar unha dismenorrea simple doutra secundaria a patoloxías máis severas non é patrimonio de ningunha especialidade; e o seguimento das mulleres polo seu médico de familia e a matrona fai posible distinguir patoloxías banais doutras máis complexas. Sabemos interpretar a sintomatoloxía, valorar a dor e prescribir fármacos para o control do mesmo e do proceso subxacente. Tamén, loxicamente, facemos a derivación hospitalaria cando sexa necesario ou haxa dúbidas no diagnóstico, coma sempre se fai. Por desgraza, moitas veces porque non temos acceso ás probas diagnósticas necesarias dende atención primaria e levamos anos reclamándoas. Se non houbese derivacións ao hospital ¿cómo é posible que existan listas de espera?

Ningún médico de familia nin matrona critica a falta de competencia doutros especialistas; todos somos necesarios para a atención as mulleres e é de maneira responsable e coordinada como se resolven os seus problemas de saúde, sen protagonismos, con colaboración, pero máis que nada, con respecto hacia tódolos profesionais da saúde. O descoñecemento da atención primaria e das capacidades dos seus profesionais non debe ser argumento para facer descualificacións. A nós, médicos de familia, correspóndenos seguir traballando pola saúde das mulleres sen facer caso doutros intereses nin reclamar competencias exclusivas, respectando sempre aos demais especialistas.

Sobre o tema da baixa laboral e a burocratización que supón este tipo de problemas, temos insistido noutras solucións coma a autodeclaración responsable da traballadora, e podería facerse con outros moitos cadros clínicos autolimitados e ben coñecidos. Estamos nunha sociedade adulta e deberíamos basear as relacións laborais na confianza e o respecto mutuo, pero iso daría para outra reflexión e debate.

Jesús Sueiro Justel

Vogal de Prensa

Publicado na Voz de Galicia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies