fotografia: thomas shellberg

O estado actual da Atención Primaria en Galicia

En reunión mantida polo Consello Galego de Colexios Médicos, con presenza dos 4 presidentes dos Colexios Médicos de Galicia, coas Sociedades Científicas de Atención Primaria (entre elas Agamfec), na última semana de Xuño do 2015, chegáronse ás seguintes conclusións:

1) O estado actual da Atención Primaria en Galicia revela unha deterioración das condicións básicas de atención aos pacientes e a falta dunha planificación estratéxica adecuada para redefinir o seu papel central no sistema sanitario público. Tras a retirada do Plan de Mellora, non se elaborou un plan alternativo que abordase o obxectivo de conseguir maior resolutividad no primeiro nivel asistencial.

2) Os contratos de substitución reducíronse ao mínimo e os que se realizan realízanse en precario. En conxunto, por este motivo e polas amortizacións vinculadas a xubilacións, os recursos “reais” en A.P. reducíronse en canto a facultativos.

3) A integración administrativa en EOXIs , supuxo unha maior distancia dos xestores con respecto a A.P. e é un dos motivos que relegaron a un segundo plano á A.P. no conxunto do SERGAS.

4) Non se implementou un Plan de recursos humanos para fidelizar no SERGAS con contratos de maior calidade, aos médicos de familia que finalizan a súa especialidade en Galicia.

5) A falta de incentivos para os Titores de Residentes, a ausencia dunha planificación neste ámbito e a falta dunha política que promova o interese pola Docencia, están a levar a unha diminución de residentes de familia que a curto-medio prazo supoñerá un serio problema para a estrutura asistencial da A.P. en Galicia.

6) Os recursos humanos profesionais non se axustan á complexidade da poboación atendida en moitas cotas das diferentes áreas sanitarias. En xeral, as masificadas axendas dos médicos de A.P. non permiten dispoñer do tempo necesario para unha asistencia de calidade, adecuada ao contexto demográfico, á crecente cronicidade e á pluripatoloxia.

7) O papel das Xefaturas de Servizo en A.P. non se desenvolveu suficientemente e non se concede, por activa ou por pasiva, a necesaria autonomía de xestión aos Equipos de A.P.

8) Hai grandes diferenzas territoriais en canto á calidade e cantidade de contratos e modalidades de substitución. O “peche de axendas” nos Centros de Saúde vai en contra do concepto de A.P. e debe ser substituído por outras solucións á ausencia de profesionais e á variabilidade estacional da demanda, que manteñan a accesibilidade e a equidade na atención aos pacientes.

9) Hai tamén grandes diferenzas territoriais na capacidade resolutiva e o acceso a probas complementarias. Do mesmo xeito que na coordinación A.P. e hospitalaria. Con obxectivos non confluentes nos ADX máis aló da redución do gasto farmacéutico é difícil avanzar na necesaria coordinación entre os 2 niveis asistenciais básicos.

10) Non se avanzou nada en definir o papel da Enfermería comunitaria en A.P. e apenas se esbozaron liñas en estratexias de cronicidade.
Por todo iso propoñemos á Conselleria de Sanidade, a elaboración dun Plan Específico para a A.P. galega (coa correspondente memoria económica) nos próximos anos que a resitúe no eixo do noso sistema público de saúde e reforce o compromiso e a ilusión dos profesionais que a ela pertencen. As liñas que cremos básicas están esbozadas nos 10 puntos anteriores. Tanto os Colexios Médicos como as Sociedades Científicas ofrecemos a nosa máxima colaboración para o desenvolvemento do devandito Plan.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies