O galego na medicina. Recursos para traballar en galego

O uso do galego no ámbito universitario e/ou profesional, é ás veces complexo pola terminoloxía científica propia da nosa profesión. Aínda que non hai ningún instrumento 100% valido, si que hai algunhas ferramentas útiles para facilitarnos a comunicación con compañeiros e cidadanía na nosa lingua.

Algúns recursos útiles para traballar en galego en medicina son:

  • Dicionario Digalego
    O Dicionario de Galego é unha plataforma web para consultar o significado de máis de 65.000 entradas de diferentes termos en galego, con etimoloxías, equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, con sinónimos, antónimos e variantes e conxugacións de verbos.
  • Vocabulario Galego de Medicina
    Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008): Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
    A meta principal deste Vocabulario é facilitar a tarefa de falar ou escribir sobre medicina en galego con calidade e precisión a quen ensina ou se forma nesta ou noutras titulacións da área das ciencias da saúde. Pero a súa repercusión desborda o ámbito universitario e é igualmente valido para o mundo profesional, xa que esta ferramenta de normativización -cun amplo repertorio de termos médicos en galego – pode contribuír á normalización e aumentar desa forma a presenza do galego na comunicación sanitaria.
  • DICIONARIO GALEGO DE TERMOS MÉDICOS
    Reyes Oliveros, F.; C. García Gonzalez (dir.) (2002): Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística.
    Trátase dun texto xeral dos termos máis usualmente utilizados no contexto sanitario e sobre todo que sirva de estímulo para empregar con maior asiduidade a linguaxe terminolóxica médico galego entre os profesionais e os pacientes.
  •  bUSCatermos 
    a base de datos de terminoloxía técnica que xestiona e mantén o mesmo Servizo de Normalización Lingüística da USC. E tamén se pode levar no móbil descargando a aplicación para Android e para iOS.
  • Se accedes a www.agamfec.gal, poderás atopar todos os nosos contidos en galego. Entre os que cabe destacar :
  • O Servizo de Normalización Lingüística da USC, ofrécenos unha interesante recompilación de Dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos, a destacar en ciencias da saúde:
    • Célestin, T.; X. Darras (coord.) (2012): Vocabulaire panlatin des pneumopathies professionnelles   (français-català-español-galego-italiano-português-româna-english). Quebec: Office québécois de la langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía.
    • Bover, J. (coord.) (2011):Vocabulario multilingüe da sida (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés-inglés). Barcelona : Termcat / Rede Panlatina de Terminoloxía.
    • Méndez López, I. (2009): Profesionaliza a túa lingua: podoloxía. A Coruña: Universidade da Coruña.
    • Célestin, T. (coord.) (2009): Vocabulario panlatino da gripe aviaria. Quebec: Office québécois de la langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía.
    • Pereiro Felípez, M. C. et alii (2008): Profesionaliza a túa lingua: fisioterapia. A Coruña: Universidade da Coruña.
    • Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia (s.d.):
    • Gabinete Técnico de Saúde Laboral (2008): Glosario de termos de prevención, saúde e ambiente laborais. Santiago de Compostela: Confederación Intersindical Galega.
    • Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008): Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria: (galego-español-inglés). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
    • VV. AA. (2007): Vocabulario básico del genoma humano  [Ten equivalentes en galego.]
    • VV. AA. (2006): Vocabulario panlatino de hemodinámica. Rede Panlatina de Terminoloxía / Associazione italiana per la terminologia / Istituto per il Lessico intellettuale europeo e storia delle idee. [Accesible en liña desde aquí].
    • Administración da Seguridade Social (2006): Glosario de termos da Seguridade Social [en liña]
    • Pérez Vázquez, L.; P. Precedo Estraviz; N. Seoane Bouzas (2005): Profesionaliza a túa lingua: enfermería/podoloxía/fisioterapia. A Coruña: Universidade da Coruña.
    • Fraga García, H; R. Fraga García; A. M. Fraga Vaamonde (2004): Glosario etimolóxico de termos anatómicos. A Coruña: Galinova.
    • Daviña Facal, L. (2000-): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña.[Ata o de agora só publicados os volumes I (A-B) e II (C)]
    • Currás Fernández, C.; A. Dosil Maceira (dir.) (1999): Diccionario de psicoloxía e educación. Santiago de Compostela: [Xunta de Galicia-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística].
    • Alberola Cuñat, V. et alii (1999): Diccionario y vocabulario plurilingüe de documentación médica. Valencia: Universitat de València-Servei de Publicacions
    • Mirò Balawe, J.; X. Fuentes Arderiu (1997): Diccionario castellano-catalán-euskera-gallego de bioquímica clínica. Barcelona: Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular
    • Mirò Balawe, J.; X. Fuentes Arderiu (1997): Diccionario inglés-castellano-catalán-euskera-gallego de biología y patología moleculares. Barcelona: Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular
    • Martínez Martínez, P. (1994): Vocabulario básico de radiodiagnóstico. [Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística]
    • López Dobao, X. A. (1989): “Terminoloxía anatómica”. Educación en Galicia, 6, páx. 22-23
    • López Dobao, X. A. (1988): “Vocabulario médico. (O ser humano. descrición e enfermidades)” en Vocabulario do medio físico. [Santiago de Compostela]: Dirección Xeral de Política Lingüística, páx. 129-237
  • Léxico panlatino de bioética galego-catalán-español-francés-italiano-portugués-romanés-inglés

Espero resúltenche útiles, e se coñeces algún outro , non dubides en avisarme para incluílo

Atte.
Víctor Julio Quesada Varela. Médico de Familia. EOXI Vigo.
Vocal Web AGAMFeC. – http://about.me/victorjqv

 

2 comentarios en “O galego na medicina. Recursos para traballar en galego”

  1. Boa parte dos recursos que aquí se citan poden consultarse por xunto a través de bUSCatermos (http://www.usc.gal/buscatermos), a base de datos de terminoloxía técnica que xestiona e mantén o mesmo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
    E tamén se pode levar no móbil descargando a aplicación para Android e para iOS.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies