A AGAMFEC ven de participar nunhas Xornadas sobre Hiperplasia Benigna de Próstata dirixida aos Profesionais da Atención Primaria e ós Urólogos da Área de Santiago de Compostela. Esta Xornada (impartida o xoves 16 e 23 deste mes de outubro) permitiu buscar uns consensos cos Urólogos para intentar acadar unha actividade asistencial máis organizada e coordinada co servicio de Uroloxía do CHUS. Na mesma se propuxeron ideas de mellora na comunicación Atención Primaria-Uroloxia do CHUS, que posteriormente se poderían exportar ós outros centros do SERGAS.
Anque a Xornada teórico-práctica ía encamiñada á HBP, no segundo día da actividade desenrolouse unha mesa redonda, na cal Jesús Sueiro Justel, como presidente da AGAMFEC, participou. O obxetivo de dita mesa era mellora-la actividade asistencial actual ó paciente con patoloxía urolóxica, e non só se tratou o tema da Hiperplasia benigna de Próstata senon que tamén se engadiron a situación de outras patoloxías do ámbito urolóxico, como son as hematurias macroscópicas ou as sospeitas de cancros de próstata, entre outras.
Esta actividade da pé a futuras xornadas para intentar solventar a distancia entre Atención Primaria e Especializada en certas patoloxias que precisan un abordaxe multidisciplinar.