Plan de asistencia ao ictus en Galicia (Plan Ictus)

En Galicia prodúcense ao redor de 7.000 novos casos de ictus cada ano, segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía. O Plan Ictus do Servizo Galego de Saúde pretende diminuír a mortalidade das persoas que sofren un ictus isquémico en Galicia. A través del, o Sergas pretende diminuir o tempo transcorrido entre o inicio dos síntomas e a chegada ao hospital, reducir a demora na confirmación diagnóstica, adecuar o procedemento terapéutico ás necesidades específicas asistenciais do paciente e coordinar a actuación entre os distintos profesionais.

O Plan, require unha estreita colaboración entre os servizos de emerxencias médicas, os centros de atención primaria e os hospitais comarcais, e os centros de referencia.
Neste sentido, cando unha persoa sufra algún dos síntomas de ictus, deberá chamar ben el ou ben algún acompañante ao 061. Estes síntomas resúmense en tres Fs: Fala (non ser capaz de dicir correctamente palabras simples), Forza (non poder elevar os brazos á mesma altura máis de dez segundos) e Faciana (non mostrar todos os dentes ao sorrir).
Nese momento, o médico deste organismo confirmará a existencia do ictus a través do protocolo específico, activará un código ictus e unha ambulancia recollerá ao paciente para o seu traslado ao hospital máis próximo, mentres a central do 061 avisa da súa chegada. Unha vez no hospital, terá acceso prioritario ao Servizo de Radioloxía do centro, onde se lle fará un TAC craneal de diagnóstico.
Os médicos de urxencias contactarán co Centro de Atención ao Ictus, que estará dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano. Naqueles casos que polas súas características sexan susceptibles de fibrinolise (recanalización vascular), esta medicación será administrada no propio servizo de urxencias.
A través de videoconferencia co neurólogo do Centro de Atención ao Ictus, este poderá examinar á persoa mediante unha cámara web de alta resolución, interrogalo e interpretar o TAC que se lle realizou. Logo desta avaliación, decidirá se o paciente é candidato de ser trasladado a un hospital cunha unidade de ictus -en Galicia hai tres, na Coruña, Santiago e Vigo- para a realización dunha trombectomía. O traslado farase no menor tempo posible e, unha vez alí, realizarase un tratamento de neuroloxía intervencionista consistente en recanalizar a obstrución que está producindo o ictus.
Nesta liña,  o subproxecto de Innovasaúde Central de Imaxe Médica é o que permite que as imaxes radiolóxicas estean dispoñibles con alta calidade diagnóstica para todos os profesionais do Sergas con competencias, independentemente de onde esta se xere.
O programa de videoconferencia xa se pilotou entre os hospitais comarcais do Salnés e Barbanza e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies