As Sociedades Federadas da semFYC, representantes da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria en todas as Comunidades Autónomas, presentamos ás distintas Consellerías un plan de medidas de implantación a curto prazo que permitirían acoutar o número
de visitas diarias por médico/a de familia, cunha limitación da axenda laboral, e
incorporando as tarefas de docencia, formación, organización e investigación.
● O plan propón, entre o paquete de 60 medidas, incorporar tamén cambios organizativos e de xestión que melloren a calidade dos procesos atendidos na axenda do médico ou da médica de familia. Entre estes proponse a creación de equipos en tríada asistencial (medicina, enfermería e administración), o redeseño das cotas ou a articulación dunha historia clínica compartida entre primaria e hospitalaria, e con interoperabilidade entre comunidades.