Documento elaborado coa colaboración no Grupo de Traballo de Redacción do mesmo do noso compañeiro o Dr. Javier García Soidán, Médico de atención primaria. EOXI de Vigo. E coordinador do Grupo de Traballo de Diabete da AGAMFEC.
Este proceso asistencial integrado, pretende orientar as actuacións dos profesionais no diagnóstico e seguimento do paciente con diabetes mellitus tipo 2 co fin de reducir a morbi-mortalidade asociada, a través da diminución da variabilidade asistencial e baixo criterios de calidade e eficiencia
A quen se aplica? Poboación xeral que contacta co sistema sanitario en calquera nivel asistencial do Servizo Galego de Saúde
Quen o aplica? Todos os profesionais do sistema sanitario con atención directa a pacientes de calquera nivel asistencial
Onde termina? – Cando se confirma que o paciente non se diagnostica de diabetes ou prediabetes.
– Falecemento ou traslado da residencia fóra da comunidade