A aparición e propagación das infeccións causadas por bacterias resistentes ao tratamento con antibióticos ( ATB), constitúe unha das ameazas máis graves para a saúde pública a nivel mundial: segundo un estudo da Comisión Europea e o Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades ( ECDC), as infeccións por bacterias resistentes aos antibióticos causan 33.000 mortes ao ano en Europa.
Esa resistencia esta causada, en gran medida, polo uso excesivo e inadecuado dos antibióticos. O papel dos farmacéuticos e dos médicos de familia neste ámbito é esencial. Por iso é importante fomentar as intervencións conxuntas e coordinadas entre os profesionais sanitarios de AP e da farmacia comunitaria.
Este ano, co obxectivo de impulsar mensaxes e accións que cheguen ao máximo de destinatarios, dende semFYC e o os Colexios oficiais de farmacéutico impúlsase unha campaña divulgativa e a realización de un curso sobre uso prudente de antibioterapia, recursos que che achegamos máis abaixo,
DECÁLOGO PARA O USO PRUDENTE DE ANTIBIÓTICOS
1.Moitas infeccións son producidas por virus e, ante eles, os antibióticos non funcionan. Utilizalos unicamente serve para que aparezan bacterias resistentes e que o seu tratamento sexa máis difícil.
2.-Ante os síntomas do que consideres unha enfermidade infecciosa ( gripe, COVID-19, gastroenterite, etc), contacta co teu médico para que realice a valoración e diagnóstico pertinentes.
3.-Utiliza antibióticos unicamente cando chos prescriba un profesional sanitario autorizado.
4.-Non presiones nin solicites antibióticos se os profesionais sanitarios din que non son necesarios.5.-Soamente se poden dispensar antibióticos cunha receita válida, non presiones ao teu farmacéutico para que chos dispense sen receita.
6.-Toma o antibiótico as veces e os días que che indicaran. Non deixes de tomar o antibiótico cando os síntomas desaparezan, salvo que así cho especificara o teu médico.
7.-Non te automediques utilizando antibióticos prescritos a outras persoas ou utilizando restos de antibióticos de tratamentos previos.
8.-Non gardes restos de antibióticos na casa. Cando acabes o tratamento, leva estes restos ao punto SIGRE da túa farmacia para a súa correcta reciclaxe e eliminación.
9.-Se es alérxico a algún antibiótico, informa sempre ao teu médico, odontólogo ou farmacéutico, e é recomendable levar algún tipo de identificación (tarxeta, medalla, pulseira, etc.).
10.-Se tes mascotas en casa, utiliza antibióticos soamente cando os prescriba o veterinario e presenta na túa farmacia a receita correspondente.
Tamén nos gustaría aproveitar para recomendarche a excelente Guía Rápida de manexo das enfermidades infecciosas, recentemente editada.