Programas Grandes Amigos

AGAMFEC e Grandes Amigos, ONG estatal con delegación en Vigo dedicada á prevención da soidade en maiores veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de colaborarmos na prevención desta problemática.

Grandes Amigos é unha ONG de voluntariado, sen ánimo de lucro, fundada en 2003 e que ten por obxectivo mellorar a vida das persoas maiores que senten soidade, a través de diferentes programas de prevención, acompañamento afectivo, socialización e sensibilización.

Desenvolve en Vigo unha serie de programas que se poden solicitar, ben as e os profesionais sanitarios/as, de residencias,cumprimentando a folla de derivación ou ben os propios maiores.

ACOMPAÑAMENTO AFECTIVO:

EN DOMICILIO ou EN RESIDENCIA. Consiste na visita semanal dunha persoa voluntaria que ofrece compañía e apoio afectivo á persoa maior, co obxectivo de mellorar a súa situación de soidade. Igualmente, ofrécese

ACOMPAÑAMENTO TELEFÓNICO, xa sexa como reforzo a ese acompañamento afectivo ou porque a persoa o demande concretamente pola súa situación persoal. Este consiste en acompañar afectivamente á persoa maior na distancia, ofrecéndolle compañía, dando contención afectiva a través de escóita activa e reducindo con iso os momentos de soidade que a persoa manifesta ter, co fin de aumentar a súa rede social. Pode realizarse a través do teléfono ou outras ferramentas telemáticas. En caso de non contar cos medios telemáticos necesarios, tamén se pode valorar o uso do correo ordinario.

GRANDES VECIÑOS

No barrio de Teis en Vigo Grazas a este programa de prevención da soidade, a persoa maior é posta en contacto con varios/ as veciños/ as tamén participantes preto do seu domicilio para compartir plans de lecer e intercambiar apoios e compartir vínculos sociais desde a proximidade e proximidade.

DATOS DE CONTACTO GRANDES AMIGOS

Correo electrónico: vigo@grandesamigos.org
Teléfono: 886 12 71 81 / 650 18 24 56

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies