En total xeráronse 1.039 inscricións; preto do 22% das mesmas son novas inscricións e o 78% restante corresponden a actualizacións de méritos de aspirantes admitidos en lista anterior. A categoría con maior número de solicitudes é a de médico de familia, con 978 inscricións.
As listas provisionais de admitidos e excluidos coa asignación da puntuación provisional e número de orde acadado polos aspirantes admitidos, atópanse publicadas a disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas, así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días naturais contados a partir do 21 de febreiro para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión no proceso e aos resultados obtidos na baremación provisional, cuxa estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data da súa entrada en vigor.