A semFYC, en colaboración co Consejo General de Colegios Farmacéuticos, pon en marcha un programa formativo dirixido a médicos e farmacéuticos comunitarios para potenciar a práctica colaborativa e a formación conxunta de profesionais sanitarios. O programa, que se desenvolve baixo o nome de MEDyFAR, é un programa formativo dirixido a médicos e farmacéuticos comunitarios para potenciar a práctica colaborativa e a formación conxunta de profesionais sanitarios.
O obxectivo de este programa formativo é promover a colaboración interprofesional de médicos e farmacéuticos na atención ao paciente e mellorar a saúde dos cidadáns mediante a proposta de actividades formativas que permiten a revisión conxunta. A idea é que tanto médicos como farmacéuticos comunitarios reciban a mesma formación sobre as patoloxías máis frecuentes no ámbito da Atención Primaria, dende a perspectiva clínica e farmacoterapéutica.
O programa MEDyFAR levará a cabo diversas actividades formativas online de interese para ambos profesionais, nas que se abordarán aspectos relacionados coa diagnose precoz, a mellora da coordinación asistencial, criterios de derivación entre niveis, o tratamento, o seguimento do paciente, consellos de saúde, adherencia ao tratamento, etc. Este curso, que se complementará cun webinar o próximo 2 de decembro, conta coa colaboración non condicionada de GSK.
Ademais, no marco de colaboración entre ambas entidades, se está a traballar na revisión e validación dos protocolos de derivación da Farmacia aos Centros de Saúde, incluídos na plataforma Nodofarma Asistencial.
Pola súa parte, o presidente da Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria (semFYC), Salvador Tranche, sinalou que “es clave que Médicos de Familia y farmacéuticos tengan una buena comunicación y estén alineados de cara a la continuidad y transversalidad asistencial, debido a la concatenación que la mayoría de las veces hay entre la consulta del médico de familia y la farmacia. Realizar programas conjuntos y tener puntos de encuentro en espacios formativos son excelentes mecanismos para establecer puntos en común y marcos compartidos. Sin duda, acaba beneficiando al paciente”.
Consulta toda a información do programa formativo MEDyFAR no seguinte enlace.
O acceso ao primeiro dos cursos, Síntomas do tracto urinario inferior no varón secundarios á hiperplasia benigna de próstata, está dispoñible dende hoxe.