«MERS-CoV electron micrograph1» de Maureen Metcalfe/Cynthia Goldsmith/Azaibi Tamin - http://www.cdc.gov/coronavirus/mers/photos.html. Disponible bajo la licencia Dominio público vía Wikimedia Commons - https://commons.wikimedia.org/wiki/File:MERS-CoV_electron_micrograph1.jpg#/media/File:MERS-CoV_electron_micrograph1.jpg

Síndrome Respiratorio do Medio Oriente (Middle East Respiratory Syndrome ou MERS-CoV)

Trátase dunha infección por Coronavirus de características moi similares ao coñecido Síndrome Respiratorio do Sudeste Asiático (SARS), producindo cadros que poden confundirse con infeccións respiratorias de vías altas, gripe ou pneumonía adquirida na comunidade.

Se ben estudos posteriores sinalan o primeiro abrocho de MERS-CoV en abril do ano 2012 en Xordania, a primeira identificación deste virus produciuse en Arabia Saudí en xuño do mesmo ano nun varón de 60 anos que falecía dunha pneumonía aguda acompañada de fracaso renal. En xuño de 2014, xa había 699 casos confirmados por laboratorio e alomenos 209 mortes asociadas a este patóxeno.

A 10 de xuño do 2015 había 1,288 casos en todo o mundo, 1,155 no Oriente Medio. Casos esporádicos da enfermidade confirmáronse en países de tódolos continentes, 15 deles en Europa (7 falecidos) – ningún en España ou Portugal segundo o Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades, inda que o sistema nacional reporta 2 casos en novembro de 2013 en peregrinos á Meca con residencia en España -. Os casos sempre presentaron relación directa ou indirecta con exposición en Oriente Medio. Nesta área xeográfica considérase aos morcegos coma reservorio principal, sendo os camelos a ponte de transmisión máis probable cara a poboación humana.

O recente abrocho en Corea do Sur (primeiro contaxio probable o 11 de maio, notificado o 20 de maio) está a suscitar controversia por dous motivos: (i) e o abrocho máis grande fora da península arábica, principalmente pola transmisión relacionada con recintos sanitarios; e (ii) o caso fonte identificado non presenta historia documentada de exposición a camelos ou ambientes sanitarios na península arábica. A data 20 de xuño, confirmáronse 166 casos neste abrocho, con 24 mortes relacionadas.

Dacordo aos sistemas de vixilancia epidemiolóxica, o risco para España e para Galicia considérase moi baixo. Sen embargo, debido á notoriedade do abrocho de Corea, considerouse necesario manter informados aos sanitarios para detectar precozmente aos casos probables e así controlar rápidamente posibles abrochos no noso entorno. É por elo que dende o Grupo de Enfermidades Infecciosas da AGAMFeC realizamos o cadro resume que a continuación se amosa explicando as principais característiscas desta patoloxía.

tablamers

Saudos
Dr. Santiago Pérez Cachafeiro
Coordinador GRUPO DE ENFERMIDADES INFECCIOSAS da AGAMFeC
Contacto: infecciosas@agamfec.com

Acceder á información do grupo


Referencias:

1. Middle East Respiratory Syndrome (MERS) Coronavirus (CoV), in Control of Communicable Diseases Manual. Heymann DL, editor. 20th Ed, Alpha Press. Washington 2015: 545-549
2. Middle East respiratory syndrome coronavirus (MERS-CoV). European Centre for Disease Control and Prevention, Stockholm. RAPID RISK ASSESSMENT 17th update, 11 June 2015 [Disponible en http://bit.ly/1TGYleC, consultado el 21/06/2015]
3. VIXILANCIA DO MERS-CoV. Dirección Xeral da Innovación e Xestión da Saúde Pública. Santiago de Compostela [disponible en http://bit.ly/1I8m9mV, consultado o 21/06/2015]
4. Middle East respiratory syndrome coronavirus (MERS-CoV). World Health Organization, Geneva. Fact sheet N°401 June 2015 [disponible en http://bit.ly/1K5Lwpv, consultado o 21/06/2015]
5. Middle East Respiratory Syndrome (MERS). Centers for Disease Control and PRevention, Atlanta 2015. [disponible en http://1.usa.gov/1nbxI0p, consultado o 21/06/2015]
6. Al-Gethamy M, Corman VM, Hussain R, Al-Tawfiq JA, Drosten C, Memish ZA. A case of long-term excretion and subclinical infection with Middle East respiratory syndrome coronavirus in a healthcare worker. Clin Infect Dis. 2015 Mar 15;60(6):973-4. doi: 10.1093/cid/ciu1135. Epub 2014 Dec 16. PubMed PMID: 25516193.
7. Oboho IK, Tomczyk SM, Al-Asmari AM, Banjar AA, Al-Mugti H, Aloraini MS, Alkhaldi KZ, Almohammadi EL, Alraddadi BM, Gerber SI, Swerdlow DL, Watson JT, Madani TA. 2014 MERS-CoV outbreak in Jeddah–a link to health care facilities. N Engl J Med. 2015 Feb 26;372(9):846-54. doi: 10.1056/NEJMoa1408636. PubMed PMID: 25714162.
8. Watson JT, Hall AJ, Erdman DD, Swerdlow DL, Gerber SI. Unraveling the mysteries of Middle East respiratory syndrome coronavirus. Emerg Infect Dis. 2014 Jun;20(6):1054-6. PubMed PMID: 24983095; PubMed Central PMCID: PMC4036779.
9. Maltezou HC, Tsiodras S. Middle East respiratory syndrome coronavirus: implications for health care facilities. Am J Infect Control. 2014 Dec;42(12):1261-5. doi: 10.1016/j.ajic.2014.06.019. Epub 2014 Nov 25. PubMed PMID: 25465253.
10. Pavli A, Tsiodras S, Maltezou HC. Middle East respiratory syndrome coronavirus (MERS-CoV): prevention in travelers. Travel Med Infect Dis. 2014 Nov-Dec;12(6 Pt A):602-8. doi: 10.1016/j.tmaid.2014.10.006. Epub 2014 Oct 19. PubMed PMID: 25457301.
11. Memish ZA, Al-Tawfiq JA. Middle East respiratory syndrome coronavirus infection control: the missing piece? Am J Infect Control. 2014 Dec;42(12):1258-60. doi: 10.1016/j.ajic.2014.08.003. Epub 2014 Nov 25. PubMed PMID: 25465252.
12. Memish ZA, Assiri AM, Al-Tawfiq JA. Middle East respiratory syndrome coronavirus (MERS-CoV) viral shedding in the respiratory tract: an observational analysis with infection control implications. Int J Infect Dis. 2014 Dec;29:307-8. doi: 10.1016/j.ijid.2014.10.002. Epub 2014 Oct 24. PubMed PMID: 25448335.
13. Kayali G, Peiris M. A more detailed picture of the epidemiology of Middle East respiratory syndrome coronavirus. Lancet Infect Dis. 2015 May;15(5):495-7. doi: 10.1016/S1473-3099(15)70128-3. Epub 2015 Apr 8. PubMed PMID: 25863563.
14. A MERS-CoV en atención primaria.VENRES EPIDEMIOLÓXICO. Dirección Xeral da Innovación e Xestión da Saúde Pública. Santiago de Compostela, 19 de xuño 2015; Vol 4 (13) [disponible en http://bit.ly/1Gh4lRS, consultado o 21/06/2015]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies