Dende este 3 de abril, pon a disposición dos cidadáns galegos o seu historial de vacinas, así como información sobre os calendarios vacinais, a vacinación en viaxeiros, os recordatorios de vacinas pendentes e a xestión da solicitude de citas para vacinarse… , todo elo dun modo sinxelo e áxil a través do seu dispositivo móbil,smartphone ou tablet.
Todos os usuarios que dispoñan de tarxeta sanitaria a poden descargar de xeito gratuíto desde a Apple Store (para os sistemas IOS) ou a Play Store (sistema Android).
O Programa Galego de Vacinación posibilitará aos usuarios da aplicación a información das vacinas propias, así como a consulta das dos seus fillos menores ou maiores a cargo , sempre con seguridade e dentro do marco legal da protección de datos.
A app permite:
1. Coñecer o calendario vacinal vixente do Programa galego de vacinación, tanto infantil como de adultos
2. Consultar en calquera momento os datos que ten o programa sobre a vacinación propia ou das persoas a cargo
3. Ver a correspondencia entre as vacinas administradas e o calendario vacinal que lle corresponde a cada persoa por idade
4. Recibir recordatorios sobre vacinas pendentes, próximas a administrar
5. Tramitar citas para vacinarse mediante o propio dispositivo móbil
6. Recibir notificacións do programa sobre novas relacionadas coa vacinación e/ou campañas vacinais
7. Consultar información sobre vacinación e viaxes
Xuntamos o folleto coa información sobre a App e as suas utilidades, e onde poderá atopar pormenorizadamente as condicións de acceso para os seus pacientes ou as persoas ao seu cargo.
20180402.- folleto_vacgal_galego.- DEFINITIVO
Unha nova ferramenta que pode converterse nunha canle áxil e dinámica de comunicación entre o Programa galego de vacinación e os seus usuarios, facilitando o proceso e achegando as vacinas aos cidadáns galegos.