XIX Roteiro AGAMFEC: Ruta do Xabriña

Data: 11 de Xullo 2021

Hora de encontro: 10:00 horas

Punto de encontro: No Lagar da Cera de Paraños (Covelo). https://goo.gl/maps/iDJuNzyQdkgYu1f88

Recorrido: Paraños → Portocortiñas → Área recreativa do Roupeiro → Pozo do Demo → Portaseixas → As Millariñas → As Chozas → Ponte Folón → Prado de Canda → Cotos da Bouza → Corzós → A Lamosa → Paraños. 

Distancia: 17 km

Perfil altitudinal

·      Altura sobre o nivel do mar: 342 m de mínima e 651 m de máxima

·      Desnivel acumulado: 507 m baixando e 503 m subindo

Grado de dificultade: medio.

Imprescindibles:

·      Calzado cómodo

·      Auga ou líquidos abundantes

·      Bocata ou comida

Tamén se pode traer bañador para unha mergullada no río.

Sobre a ruta

O río Xabriña, afluente do Tea, é o protagonista deste roteiro circular que parte da parroquia de Paraños percorrendo Prado de Canda e A Lamosa.

Ademais da vexetación, pódese gozar tamén da riqueza etnográfica e cultural da zona, xa que durante o roteiro atopamos elementos como a igrexa parroquial de Paraños, varias cerarías antigas, uns trinta muíños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga e pontes.

O seu deseño circular divídese en dous aneis: o primeiro percorre o río dende Paraños a través de frondosos bosques ata Ponte Folón; e o segundo visita Prado e A Lamosa,  e achéganos ao Miradoiro de Cotos da Bouza e a pequenas aldeas onde os antigos artesáns dedicábanse a traballar coa cera.

En varios puntos do camiño encontraremos paneis con poesías do libro Os Eidos de Uxío Novoneyra.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies