Hoxe foi a quinta xornada de paros nos centros de saúde, nesta ocasión en Santiago, en apoio dunha ATENCIÓN PRIMARIA DIGNA. A partir desta semana, animámosvos a concentrarvos nas portas de Centros de Saúde, PAC e Consultorios rurais, durante cinco minutos, ás 12.00 en quenda de mañá e ás 18.00 en quenda de tarde, con esta rotación:
Luns: Ourense, Ferrol
Martes: Lugo
Mércores: A Coruña
Xoves: Vigo, Pontevedra
Venres: Santiago
Para deixar constancia das devanditas mobilizacións, animámosvos a colgar fotos das concentracións (sempre avisando aos que saian nelas que se van a publicar por se alguén non desexa aparecer) nas redes sociais baixo o hashtag # PrimariaDigna e/ou enviarnoslas ao noso email