Xornadas de Ciencia, debate e sobre todo práctica para Residentes e Novos Médicos de Familia AGAMFEC 2016.

O pasado 29 de Abril de 2016, celebráronse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense as XVIII Xornadas para Residentes e V para Xóvenes Médicos de Familia AGAMFEC. Unhas Xornadas cheas de Ciencia e sobre todo práctica así como debates sobre o futuro e presente da Medicina de Familia en Galicia. Puidemos aprender a preparar un carro de parada, a manexar a vía aérea e a enfrontarnos ás principais arritmias no contexto dunha parada, así como a manexar técnicas como as vías periféricas, osixenoterapia, sondaxes vesicais e nasogástricos, así como as principais ferramentas para as feridas agudas e crónicas. Tamén puidemos aprender a manexar as principais cefaleas en Atención Primaria, así como, ao paciente difícil e a resolver situacións complicadas do día a día. Todo iso, non seria posible sen a inestimable axuda, entrega e motivación dos relatores, Jose Antonio Gregorio e Diego Terceiro (encontro Debate), Fernando Souto, Jose Luís Melgar e Ursino Veloso do Grupo de Urxencias, Montse Cendán e Patricia Viñán de AGEFEC, así como Roberto do Grupo de Comunicación e Daniel Apolinar , Neurólogo do CHOU. O noso agradecemento máis sincero a cada un deles, que permiten ano a ano co seu traballo e dedicación que todo isto sexa posible.

Tamén, gustaríanos dar un enorme grazas a todos os asistentes, sen vós e sen a vosa participación, nada do que facemos tería sentido. Esperamos que vos fora de moitísima utilidade e sobre todo tomamos nota de todo o que suxeristes para próximas edicións. Grazas de novo por estar aí e esperámosvos nas próximas Xornadas.

E por suposto, Grazas a todo o Comité Organizador, Silvia, Laura, Diego, Carmen e Irene por todo o traballo, horas de chat e apoio para que todo se puidése levar a cabo, así como a Victor, o noso vocal Web por facer sempre máis fácil o máis difícil.
Vémonos nas próximas Xornadas !!!!

Teresa Diéguez García
Vocal de Residentes AGAMFEC.

preme nas imaxes para velas a tamaño completo

2 comentarios en “Xornadas de Ciencia, debate e sobre todo práctica para Residentes e Novos Médicos de Familia AGAMFEC 2016.”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies