XVI Encontro PACAP 2014

¡MANS ARRIBA, ISTO É UN ENCONTRO!

O 21 de novembro terá lugar o XVI Encontro do Programa de Actividades Comunitarias de Atención Primaria. Como cada ano, o PACAP abre un espazo de reflexión e traballo sobre a saúde comunitaria. En tempos de recortes e tixeretazo, é importante seguir creando espazos e momentos onde construir, repensar e convertir en realidade unha atención primaria cunha dimensión máis comunitaria. O PACAP convírtese así nese lugar no que trazar as liñas para a acción que atravesen de maneira transversal esta outra forma de entende-la saúde. Este ano o encontro estará dedicado á formación para a Acción en Saúde Comunitaria.

Por qué formación en saúde comunitaria? A formación é o pilar sobre o que se constrúen os profesionais sanitarios. Se queremos manter a comunitaria viva, cómpre prantexar unhas liñas básicas sobre as que formarnos e formar a outros. Por iso, estructurouse o encontro en dúas fases:

Unha primeira fase online, na que se abriu un espazo de debate previo na páxina do PACAP na que debatir cales deben ser as liñas maestras da formación en comunitaria. Persoas expertas realizaron tres documentos en torno ó que consideramos o tres pilares da acción educativa: a sabedoría (coñecementos), o ser (actitudes) e o facer (habilidades). A partires deles, elaboraranse os documentos para o debate presencial, incorporando as vosas aportacións e reflexións. Deste xeito, conformarase unha proposta conxunta realizada de maneira participativa entre todos. Podes lelos e comezar a facer as túas aportacións (ata o 9 de novembro) aquí: http://www.pacap.net/pacap/dialogos-sobre-formacion/

Unha segunda fase presencial na que compartiremos inquedanzas, dúbidas e experiencias sobre formación e saúde comunitaria. Nesta contaremos cunha conferencia inaugural seguida do espazo de debate. Este espazo partirá dos diálogos previos e terá como obxectivo trazar estrateXias para a formación para a acción en saúde comunitaria.

Simultáneamente ó espazo de debate, realizaranse 3 obradoiros: Que sei do meu barrio?, Como escribo algo da miña experiencia comunitaria para que sexa publicado? e de donde se saca o tempo para a comunitaria? Con eles aprenderemos a coñecer o barrio para mellorar a atención en AP, a escribir artigos sobre experiencias comunitarias e a vencer as resistencias que sempre surxen en AP respecto á comunitaria. Posteriormente, haberá dúas mesas de experiencias, unha dedicada íntegramente a experiencias de formación en comunitaria e outra dedicada a experiencias de promoción da saúde en xeral. Por último, como gran peche realizaremos unha actividade participativa con sorpresa incluida!! Podes consultar o programa aquí: http://www.pacap.net/pacap/e14-programa/

Pero isto non sería posible sen a presenza e a participación de todos. Por iso, invitámoste a que, non só participes no debate, senon tamén a que mandes as túas experiencias en Saúde Comunitaria antes do 3 de novembro a: http://www.pacap.net/pacap/comunicaciones/

Pretendemos con todo isto, compartir unha xornada na que todos sexamos protagonistas, abrindo un espazo para a reflexión e debate na que a saúde comunitaria sexa o elemento central. Un sitio no que compartir inquedanzas, experiencias… un sitio no que construir o presente e futuro da Saúde Comunitaria.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMUNITARIAS EN ATENCION PRIMARIA – semFYC
http://www.pacap.net/pacap/encuentro2014/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies