O Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña tornouse nun vehículo para a testemuña e a denuncia da situación na que se atopan as poboacions máis desfavorecidas do planeta. O prazo de presentación de fotografías para esta edición remata 0 9 de novembro de 2014.
Médicos do Mundo convoca anualmente O Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña en lembranza de Luis Valtueña, Flors Sirera, Manuel Madrazo e Mercedes Navarro, cooperantes de Médicos do Mundo asasinados en Ruanda en 1997 e Bosnia en 1995 cando traballaban en proxectos de acción humanitaria. Luis Valtueña era fotógrafo de profesión e en España traballaba como reporteiro na Axencia Cover, motivo polo que este premio leva o seu nome.
-Este importe servirá para cubri-los gastos necesarios para realizar un reportaxe fotográfico que será definido por Médicos do Mundo xunto o fotógrafo/a gañador/a.
No certamen poden participar fotógrafos/as aficionados/as e profesionais maiores de idade de todas as nacionalidades. As fotografías deben abordar a acción humanitaria, a cooperación internacional e/ou exclusión social (violación dos dereitos humanos, conflitos armados, desastres naturais, refuxiados e poboacións de inmigrantes).
Tamén podes enviar imaxes que reflictan os esforzos de solidariedade para construír un mundo máis xusto.
Cada participante ten a oportunidade de presentar ata dez fotografías tomadas entre xaneiro de 2012 e outubro de 2014.