Apreciados compañeiros Residentes, Titores de Medicina Familiar e Comunitaria, Unidades Docentes e estudantes:
É unha gran honra para nós convidarvos a participar nas XX Xornadas de Residentes e II de Titores da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria(semFYC) que se celebrarán os días 26 e 27 de febreiro na Universidade Rei Juan Carlos de Alcorcón.
O sistema sanitario nos próximos anos debaterase entre un novo repunte da atención primaria ou un novo modelo de xestión de pacientes crónicos liderado pola atención hospitalaria/domiciliaria. Que modelo sobrevivirá? Serán capaces os novos residentes/novos médicos de familia de deseñar un novo sistema de acordo aos seus valores?
Baixo o lema “Medicina Familiar e Comunitaria: desde a Raíz?”queremos, en definitiva, facervos partícipes dunhas Xornadas únicas nas que se presta especial atención ás nosas expectativas de futuro como Residentes, á formación dos Estudantes, ao valor dos Titores como principais protagonistas da nosa formación e sobre todo á nosa capacidade para loitar por aquel que está alén da mesa, é dicir, o noso paciente.
Esencia e Ciencia é o atractivo destas Xornadas, e definen moi ben o que debe ser a Medicina: “Curar poucas veces, aliviar a miúdo, consolar sempre”.
Inscríbete xa e ven a Madrid a gozar cos teus compañeiros e compañeiras.
Podes seguir toda a información e actualizacións do programa das XX Xornadas de Residentes e II de Titores na web.