XXIV Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria: CONECTAD@S
PAZO DA CULTURA de PONTEVEDRA
17 e 18 de SETEMBRO de 2021
Dende a Xunta Directiva da AGAMFEC querémosvos comunicar que as vindeiras XXIV Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria a celebrar o 17 e 18 de setembro en Pontevedra veñen de ser reprogramadas por mor da situación epidemiolóxica e dos necesarios Protocolos de Continxencia aos que se teñen que adaptar este tipo de Xuntanzas.
O Comité Organizador, quen tiña elaborado un atractivo e completo programa de actividades, onde prevalecían as de caracter formativo a través de talleres participativos, veuse na obriga de mudalo para dar cumprimento aos últimos protocolos establecidos. Malía isto, e tras un grande esforzo e traballo , foron quenes de manter vivas as Xornadas.
Desenvolveranse entre a tarde do venres e a mañán do sábado, mantendo a acreditación, e desenvolvendo actividades centralizadas e a defensa case 50 comunicacions recibidas ate o momento. O programa detallado, así como todo o relacionado coa inscrición está dispoñible na nosa paxina web.
Animávosmos a participar deste encontro, tan longamente adiado, para recuperarmos a cotidianidade da vida da Asociación e poder festexar o estarmos de novo XUNT@S e CONECTAD@S.
Por último lembrarvos que o sabado terá lugar a Asamblea de Socios de Agamfec onde a se dará conta da actividade desenvolvida nestes anos , das contas e dos proxectos de futuro coas aportacions de todos vos.
Saúdos,e como se acostuma a decir por estos lares:
MIRÁMONOS EN PONTEVEDRA.