A AGAMFEC sociedade científica dos Médicos de Familia galegos tivo onte coñecemento do plan da consellería de poñer en marcha un proxecto de facer cirurxia menor en Atención Primaria. A primeira reacción de sorpresa foi seguida nas nosas redes sociais de indignación polo absoluto descoñecemento da realidade diaria da nosa actividade nos centros.
Moitos médicos de familia levamos facendo cirurxia menor dende hai mais de 20 anos, utilizando bisturí eléctrico, facendo drenaxes e suturas e enviando as mostras a Anatomía Patolóxica, contribuindo ao diagnóstico áxil de múltiples patoloxías polo ben dos nosos doentes; non é para descargar de traballo ao Hospital, como sempre pensan os directivos do Sergas que nos consideran como serviles secretarios dos especialistas hospitalarios.
Pero o descoñocemento da Atención Primaria, xa de por si lamentable (que recorda o coro cantando “si bella e perduta”) non é comparable ca ignorancia das leis e normas que rixen o sistema sanitario e a formación dos residentes. Así, tanto o R.D. 1030/2006 da carteira de servicios común da AP, como a Leí 9/2008 de saude de Galicia e mesmo o Programa Oficial da Especilidade de Medicina familiar e comunitaria incluien a cirurxia menor como servizo e como formación obligatoria para os nosos residentes.
Que o conselleiro, de formación e orixen hospitalario, descoñeza a AP é frustrante, pero que non haxa na consellería ninguén que lle poida asesorar sobre este tema, nos da unha idea da importancia real que lle dan á Atencion Primaria, especialidade tan bela pero tan perdida no Sergas. É hora de que a Consellería se poñan as pilas e colabore cas sociedades científicas para poñer remedio a estos despropósitos.
Desconocimiento preocupante
Paréceme que están afanados en construir unha “realidade paralela”; agora interésalles “estrear traxe”, e como non o teñen, sacan o traxe vello coma se fora novo…
Non minusvaloremos a capacidade, eles están a outra cousa; e desde logo non a mellora dos servizos públicos.
Rexina
Vergoñento