Comunicado de la junta directiva de AGAMFeC sobre la situación de la Atención Primaria Gallega

Comunicado da xunta directiva de AGAMFeC sobre a situación da Atención Primaria Galega

Ante a situación de progresivo deterioro e precariedade da Atención Primaria (AP) galega e as medidas preocupantes e, mesmo posiblemente ilegais, que veñen de tomar os nosos directivos, como é contratar médicos en formación para suplir deficiencias de plantilla, a xunta directiva da nosa sociedade quere facer as seguintes consideracións:

  • A situación de deterioro témola denunciado e comentado á consellería dende hai anos nos congresos e outras entrevistas ou contactos que temos feito. A falta de atención as nosas sinais de alarma derivou na situación insostible actual. A situación de cara ó futuro aínda será máis complicada pola falta de política de apoio á formación médica.
  • A nosa sociedade, xunto coas demais sociedades de primaria e os colexios médicos, fixemos propostas durante anos para tentar de solucionar a situación, mais a consellería non só non levou a cabo nada do aconsellado, perdéndose un tempo do que agora carecemos, senón que mesmo chegou á desconsideración cos médicos de familia.
  • Temos que repetir alto e claro o evidente: o gran problema da AP é a falta de finanzamento. (Inclúe persoal, infraestructuras, falta de mantemento, proxectos, funxibles,… ) A pesar de repetilo, a nosa administración sempre negou esa evidencia (é un mantra, dicía o conselleiro). Tivo que acudir unha catedrática de economía da saúde á comisión parlamentaria para poñelo de novo sobre a mesa: A porcentaxe de gasto da AP en España é un paupérrimo 14% (cando os expertos defenden un 25%) e en Galicia estamos 2 puntos por debaixo: un 12%, e o peor é que, nestes anos da crise, aumentou o gasto hospitalario e diminuíu un 2% o de primaria.
  • O que si ven sendo unha mentira repetida é a “falta de médicos”. ¿Como explican os nosos directivos que cando se convoca unha OPE para 200 prazas veñan 800 candidatos? O que queremos os médicos, como todo o mundo civilizado, son contratos dignos e estables. Non, como dicía a economista, seguir coa política de menos gasto pero máis contratos. Iso só significa precariedade e contratos-basura.
  • A precariedade na AP foi moitas veces resolta por unha das características propias do noso nivel asistencial: a lonxitudinalidade. Podíamos atender sen medios óptimos os nosos doentes suplindo a precariedad polo coñocemento da súa biografía e historia clínica. A nefasta política de recursos humáns das nosas EOXIS (sempre preocupadas polos graves problemas hospitalarios) acabou por crear “a tormenta perfecta” na que estamos metidos e algúns seguen mirando a ver se escampa…
  • Resulta desmoralizante escoitar ós nosos directivos as propostas para solucionar o colapso da AP. Pensan que todo se arranxa cun simple cambio nas axendas. A evolución da poboación, a cronicidade e o envellecemento ten que facer ver que non podemos seguir co discurso de 1500 doentes por médico. Isto é unha visión simplista. O que debemos é estudar a carga de morbilidade e poñelos recursos en función desta. ¿Para que, senón, temos a información/estratificación en IANUS? ¿Ou, é para controlar a prescripción sen mais?
  • Na situación actual de falta de cobertura de vacantes e ausencias fai, ademais, que estos datos sexan falsos: se no meu centro faltan permanentemente 3 compañeiros, a miña cota non é de 1500, senón de 2000, moitos meses ó ano.
  • A lamentable situación dos PAC e da pediatría son unha mostra máis da inercia e a falta de planificación da organización sanitaria. Non é difícil de ver, coñecendo o mundo sanitario, a imposibilidade de manter os dispositivos, tal como se concebiron,  nun futuro inmediato.

Estamos dispostos a colaborar sempre e cando haxa un compromiso explícito e asinado dun aumento da financiación da primaria. Estamos fartos de escoitar medidas e ocorrencias sen apoio presupuestario. Nos hospitais cando se fan programas de calquera tipo, sempre se acompaña de recursos humáns e económicos. Somos médicos de primaria, no de segunda e defendemos que non somos a porta do sistema. SOMOS O SISTEMA SANITARIO. Se non se comprende o noso papel central e garante da sostenibilidade, seguiremos cavando a fosa do sistema. Non estamos en tempos de comisións, estamos en tempo de decisións. Esperamos, que o tempo se esgota.

Para máis información:
https://www.agamfec.com/contacte-con-agamfec/

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies