En resposta ao Real Decreto-lei 29/2020 de medidas urxentes en materia de teletraballo nas Administracións Públicas e de recursos humanos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID19, o Foro de Médicos de Atención Primaria, que engloba á Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria (semFYC), Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap); o Consejo Estatal de Estudiantes de Medicina (CEEM); a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM); a Organización Médico Colegial de España (OMC); a Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN); a Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG), e a Sociedad Española de Pediatría Extrahospitalaria y Atención Primaria (SEPEAP), viuse na obriga de expresar, a través dun comunicado, a súa máis enérxica queixa fronte á proposta de medidas propostas no mesmo.
Dito Real Decreto-lei abre as portas á contratación de 10.000 profesionais extra comunitarios ou sen especialidade para integralos en Atención Primaria, así como o traslado de especialistas hospitalarios a este ámbito asistencial. O conxunto das organizacións integradas neste Foro queren expresar que ningunha Administración nin os seus representantes os interpelaron en ningún momento sobre a idoneidade das propostas contidas no devandito RD. O conxunto de médicos e médicas aos que representan constitúen a base da atención directa sobre a actual ola de contaxios por coronavirus que se está producindo e o abordan desde un perfil asistencial.
Neste comunicado, o Foro, máis alá da denuncia sobre a falta de coñecemento auténtico sobre a realidade das e dos médicos que traballamos en Atención Primaria, quere constatar que o Real Decreto-lei 29/2020 de medias urxentes en materia de teletraballo nas Administracións Públicas e de recursos humanos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 constitúe:
● Unha resposta apresurada a unha falta de previsión denunciada desde hai anos polo noso colectivo, dado que nin se previron taxas de reposición, nin se executaron melloras en dotacións de Saúde Pública e tampouco se tomaron medidas para facer fronte aos futuros escenarios epidemiolóxicos.
● Unha forma de menoscabar a calidade do Sistema Nacional de Saúde e a visión que a cidadanía ten deste. Coa contratación, para realizar funcións de especialista, de profesionais que contan co grao, licenciatura ou diplomatura correspondente pero carecen do título de especialista recoñecido se está a transmitir a idea de que a especialización dos nosos médicos é un instrumento inútil cando é precisamente esta a que impulsa o seu recoñecemento internacional.
● Precisamente, apoiar a contratación como especialistas de médicos sen especialidade supón un risco de Saúde Pública e garantías de calidade asistencial que pon en risco á cidadanía que precisa de atención e ao profesional que se expón a poñer en suspenso o seu futuro profesional a causa dos maiores riscos que entraña entrar no exercicio antes de terminar a formación. Non todo vale. Non calquera médico pode realizar a actividade dun médico de familia ou pediatra de Atención Primaria, do mesmo modo que non calquera médico pode ser contratado no hospital como cardiólogo, neumólogo ou cirurxián.
● Un conflito respecto á equidade internacional que como coidadores debemos constatar: Descapitalizar de médicos a países cun maior nivel de pobreza, menos esperanza de vida e máis patoloxía derivada de déficits en saúde pública e escaseza de profesionais sanitarios, é outra liña vermella que non deberiamos cruzar.
● E, como percepción profesional, entendemos que o citado documento supón unha resposta non orientada á eficiencia e calidade do sistema, senón ao titular informativo.
Co obxectivo de expor un conxunto de medidas reactivas para facer fronte a dita situación, o conxunto de organización integrantes neste Foro de Médicos de Atención Primaria, desexa apuntar medidas e solucións factibles en cuanto a dispoñibilidade, tempo e efectividade que permitirían orientar ao SNS en xeral, e á Atención Primaria en particular, para poder facer fronte ao actual escenario epidemiolóxico.
Segundo o parecer dos integrantes do Foro, a resposta debería articularse arredor dos principios de desburocratización e subsidiaridade que permiten mellorar a xestión da Atención Primaria. Desburocratizar as consultas para dispor de tempo real para realizar a actividade asistencial dos médicos de familia e pediatras de AP, é dicir, actos médicos baseados en prácticas de valor, atendendo as demandas de saúde dos pacientes que precisan valoración clínica médica. A tramitación de burocracia (certificados, partes de IT, etc.), aínda que necesaria, constitúe un conxunto de actividades administrativas carentes de valor médico tras 10 anos de formación como profesionais.
A Atención Primaria está capacitada para resolver a maioría dos problemas de saúde ou situacións que dependen da saúde, pero neste momento non está habilitada por carecer dos recursos necesarios. Debemos asumir que non hai médicos con formación MIR suficiente e, ao mesmo tempo, numerosos médicos novos que marcharon ao estranxeiro pola insoportable precariedade e os baixos salarios que se lles ofrecen no noso país. A Administración fixo pouco para evitar que isto siga ocorrendo.
Neste punto, cabe sinalar que nos próximos anos se vai producir un elevado volume de xubilacións entre os médicos que exercen en Atención Primaria. Débese contar cunha nova xeración de médicos formados nas novas ferramentas diagnósticas (ecografías, cirurxía menor, infiltracións, seguimento de pacientes crónicos, actividades preventivas e promoción da saúde…) e dotar aos profesionais de medios, equipos e estrutura.
O Foro de Médicos de Atención Primaria apela a unha boa xestión dos recursos baseada no principio de subsidiariedade e desburocratización. Dar estabilidade aos mozos especialistas en medicina familiar e comunitaria e aos pediatras de AP con contratos dignos e estables que eviten que se sigan marchando e recuperar a moitos dos que xa se foron.