COMUNICADO URXENTE: Ante o incesante aumento de casos de COVID-19 que pode levar a un novo colapso da sanidade

Ante o continuo e preocupante aumento de casos de COVID-19 que se está producindo nas últimas semanas en España, SEPAR, SEMI, SEIMC, SEMES, SEDAR, SEMPSPH y SEMERGEN, SEMFYC y SEMG como Sociedades médico-científicas que reúnen á maior parte dos profesionais sanitarios que presta asistencia sanitaria aos pacientes con COVID-19, MANIFESTAN o seguinte:

1-Os profesionais sanitarios estamos constatando que, nas últimas semanas, están aumentando as diagnoses de novos casos nos centros de saúde, e en hospitais, nas unidades de coidados críticos e intensivos, nos servizos de urxencias e emerxencias, e pneumoloxía, o que pode levar a curto ou medio prazo a un novo colapso da sanidade.

2-As medidas que se están tomando non son suficientes para controlar a transmisión da infección, polo que é imprescindible que se poñan en práctica novas medidas sanitarias, rápidas e eficaces entre a Administración sanitaria e as Administracións sanitarias autonómicas.

3-De seguir a situación así, e se non se adoptan novas medidas para atallala, existe unha alta probabilidade de volver a enfrontarnos a situacións asistenciais tan graves como as vividas durante o estado de alarma, hai apenas unhas semanas.

4-A través deste comunicado, queremos advertir á poboación xeral, e especialmente aos máis novos, que é de suma importancia cumprir estritamente as medidas de prevención que ditan as autoridades sanitarias: empregar sempre as máscaras, manter a distancia de seguridade, lavado frecuente de mans e evitar as aglomeracións; así como cumprir os períodos de corentena indicados.

5-Tamén queremos advertir ás autoridades sanitarias que os profesionais da saúde debemos dispor dunhas adecuadas existencias de equipos de protección individual, reactivos para a realización de probas, fármacos, ventiladores, recursos para proporcionar oxixenoterapia e que, ademais, se debe contratar o persoal sanitario necesario para que non se repita o desabastecemento de recursos materiais e humanos vivido durante a primeira ola da pandemia.

Pola nosa parte, estamos a disposición das autoridades sanitarias para poder axudar na toma destas medidas e a súa implementación na práctica clínica, en beneficio de todos.

A 13 de agosto de 2020
Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR)
Sociedad Española de Medicina Interna (SEMI)
Sociedad Española de Enfermedades Infecciosas y Microbiología Clínica (SEIMC)
Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias (SEMES)
Sociedad Española de Anestesiología, Reanimación y Terapéutica del Dolor (SEDAR)
Sociedad Española de Medicina Preventiva, Salud Pública e Higiene (SEMPSPH)
Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN)
Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG)
Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria (SEMFYC)

 

DESCARGA O COMUNICADO EN PDF AQUÍ

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies