Coñeces semfyc con R?

semFYC con R é o programa de acollida de residentes de semFYC, un programa formativo online de 4 anos sobre temáticas diversas, totalmente gratuito para residentes.

R1 Promoción 2022

Introdución a motivos de consulta máis frecuentes en Urxencias

Este curso está pensado para adquirir coñecementos básicos na abordaxe do ou a paciente urxente e aprender ferramentas que axuden no enfoque diagnóstico e o plan terapéutico dos principais motivos de consulta urxentes. O contido deste curso está enfocado para residentes de primeiro ano como unha ferramenta de axuda no inicio dos seus gardas.

R2 Promoción 2021

Curso básico de Entrevista Clínica

Tanto a evidencia científica como o día a día da práctica médica demostran que a comunicación asistencial constitúe unha habilidade básica da nosa profesión. Os médicos e as médicas con boas técnicas de entrevista clínica identifican os problemas dos e as pacientes con maior precisión, os seus pacientes adáptanse mellor psicoloxicamente e están máis satisfeitos e satisfeitas coa súa asistencia.

R3 Promoción 2020

Coidados paliativos en Atención Primaria

Enténdese por coidados paliativos ou atención paliativa aquela asistencia que se ofrece de forma activa e continuada aos e as pacientes con enfermidade crónica avanzada evolutiva que pretende mellorar a calidade de vida, tanto de pacientes como das súas familias. Este curso céntrase nas habilidades de manexo de catro dos problemas máis frecuentes en pacientes con enfermidade avanzada e de prognóstico de vida limitado.

R4 promoción 2019

Actividades Preventivas

A atención médica preventiva é unha actividade importante na medicina de familia, incluindo a prevención de enfermidades, a detección temperá de enfermidades específicas e a promoción e mantemento da saúde. A asociación entre o médico ou médica de familia e o ou a paciente pode axudar ás persoas para alcanzar os seus obxectivos de manter ou mellorar a saúde. A atención preventiva tamén é fundamental para abordar as disparidades de saúde que enfrontan grupos de poboación desfavorecidos e vulnerables.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies