Habilifeira AGAMFEC

Rotación por diversas estacións en grupos reducidos, para a aprendizaxe de diversas técnicas e habilidades.

Coordinadores: Carlos Eirea Eiras, Laura Bodelón Díez 

Estación 1: Infiltración ombro 

Breve repaso teórico á estrutura anatómica e biomecánica das diferentes estruturas que conforman a articulación do ombro, así como as principais patoloxías que lle poden afectar e as

indicacións de tratamento con infiltracións. Tamén se repasará a técnica de infiltración: material necesario, técnicas e vías de abordaxe segundo patoloxía e fármacos que se empregan. A parte principal consistirá na práctica supervisada con modelo anatómico da infiltración do ombro: vía lateral, anterior e posterior. 

Docente : María Teresa Ferreiro Serrano 

Estación 2: Infiltración xeonllo 

Breve repaso teórico á estrutura anatómica e biomecánica das diferentes estruturas que conforman a articulación do xeonllo, así como as principais patoloxías que lle poden afectar e as indicacións de tratamento con infiltración. Tamén se repasará a técnica de infiltración: material necesario, técnicas e vías de abordaxe segundo patoloxía e fármacos que se empregan. Diferencias coa abordaxe de outras infiltracións. 

A parte principal consistirá na práctica supervisada con modelo anatómico da infiltración do xeonllo. 

Docente: Catarina Morado

Estación 3: Técnicas de sutura en Atención Primaria. 

Introducción teórica sobre os tipos de feridas e lesións que se poden tratar en Atención Primaria e a forma de abordalas. Técnica cirúrxica básica: o punto simple, o punto colchoneiro, a sutura intradérmica continua. A extirpación: excisión fusiforme e extirpación con punch. Parte principal constituida por práctica con modelos de silicona e modelo animal ( orella de porco e peituga de polo) 

Docentes: Antón Núñez-Torrón Núñez, Alba López Souto 

Estación 4: Ecografía vascular:  

Descartar trombose venosa profunda ( TVP) no membro inferior. 

Breve repaso teórico da estrutura anatómica do sistema venoso dos membros inferiores. Manexo básico do ecógrafo: modo 2D , doppler e doppler-color. Principais lesións de gravidade que se poden detectar en membro inferior e o seu diagnóstico diferencial, con especial énfase na detección de trombose venosa profunda. 

Práctica con modelo de técnica de compresión e visualización de trombos. Signos directos e indirectos. Visualización de imaxes e vídeos patolóxicos. 

Docente: Vicente Fernández Rodríguez. 

Estación 5: A OCA da Hipertensión Arterial. 

Mediante o emprego de un apoio visual similar ao popular xogo da oca, dividirase aos participantes en dous equipos. Realizarase unha competición na cal os participantes terán que adquirir e demostrar os seus coñecementos sobre a hipertensión arterial, o seu diagnóstico e tratamento. 

Docentes: Xiana Rodríguez Villalón, Luis Fransi Galiana 

Estación 6: Técnicas en Urxencia

Estación 7: Inmovilizacións en Pediatría 

Entregarase aos participantes un breve resumo das indicacións de inmovilización do membro superior. 

Repaso teórico de: inmovilización do pulso con férula de aluminio. Inmovilización do ombro e cóbado con estribeiras improvisadas e con diferentes modelos de estribeiras de uso comercial. Docente: Guillermo Lorenzo González 

Estación 8: Ecografía ombro 

Breve repaso da estrutura anatómica e ecográfica do ombro normal. Lesións máis frecuentes: patoloxía do manguito dos rotadores, bursite, patoloxía da articulación acromiclavicular. Práctica integrada con modelo humano de exploración do ombro normal, con descrición das imaxes normais e patolóxicas e o modo de obtelas. 

Docente: Jesús María Caeiro Castelao 

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies