Proposta de COnsulta proactiva en coronaVIrus epiDémico para Atención Primaria (COVID-AP)
Dirixido a profesionais de Atención Primaria
Estamos nun momento de epidemia de alta contaxiosidade, con risco de expansión e que motiva o illamento domiciliario dos cidadáns. Moitos son persoas maiores, con patoloxías crónicas, con tratamentos ou enfermidades inmunodepresoras. As e os profesionais de Atención Primaria estamos sometidos a unha situación cambiante de consultas e debemos resolver na medida do posíbel de maneira telefónica as demandas asistenciais. Pretendemos establecer unha nova modalidade asistencial para resolver o máximo de incidencias no domicilio e evitar a propagación.
O obxectivo deste tipo de consulta proactiva COVID-AP é adiantarnos á demanda asistencial, resolver dúbidas e necesidades da poboación da nosa contorna, buscando a equidade na resposta.