Os grupos de traballo de Agamfec, son xunto coas vocalías, a alma da nosa sociedade. Son os seus membros os que fan a investigación, o ensino, e toman o pulso ás novas demandas dos cidadáns e da nosa profesión, e buscan estratexias para actualizar coñecementos e habilidades para manterse ó dia e continuar a servir a poboación. Formar parte dun grupo de traballo permiteche poñer en común experiencias con outros profesionais que teñen, dentro da medicina de familia, intereses comúns. Estes intereses levaron á creación de grupos de varios temas. Esta variedade non para de crecer ante os novos problemas de saúde e á luz de novos estilos de vida. Se vostede está interesado en participar nun grupo de traballo so ten que enviar un correo electrónico o coordinador do mesmo. Se o que quere é crear un novo grupo, póñase en contacto co coordinador de grupos usando o formulario que esta a continuacion, non esqueza ler as normas dos grupos de traballo.
Descargar as normas de funcionamento dos Grupos de Traballo