Convocatoria Asemblea Xeral AGAMFEC

Según o artigo 23 dos Estatutos, convócase a todos os socios e socias da AGAMFeC á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro de 2024 na sede do Colexio de Médicos en Santiago de Compostela (Rúa de San Pedro de Mezonzo, 39) ás 17:30h. en primeira convocatoria e ás 18:00h en segunda convocatoria.

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:
1. Lectura e aprobación da Acta da Asemblea ordinaria anterior.
2. Exame e aprobación das contas do exercicio económico 2023.
3. Exame e aprobación da xestión, obxectivos e liñas estratéxicas propostas pola Xunta Directiva.
4. Proposta de modificación do ”Artigo 30. Duración do cargo” no capítulo segundo da xunta directiva dos estatutos da AGAMFeC. Plantease que os membros electos da Xunta Directiva exerzan o seu cargo por un periodo de 4 anos para unificar este periodo coas restantes sociedades federadas e de SEMFYC.
5. Aprobación dos novos membros da Xunta Directiva.
6. Súplicas e preguntas.

Podes consultar a documentación a presentar na Asemblea Xeral no apartado de transparencia de agamfec.com

Descarga a Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria

Delegación de voto

______

Publicado: 21 de outubro de 2024

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies