Imaxe aula

Creación de novas UNIDADES DOCENTES CLÍNICAS (UDC)

Estimados/as asociados/as:

Estase a desenvolver un proxecto de creación de dúas novas UNIDADES DOCENTES CLÍNICAS (UDC) en Vigo e A Coruña co obxectivo de descentralizar a docencia clínica do grao de Medicina (desde 3º curso) nas 3 áreas sanitarias (AS), (Santiago, A Coruña e Vigo). Nos 3 centros impartiríase docencia práctica e teórica.

Aínda está por concretarse como será o procedemento para a implantación das novas unidades: Curso no que se iniciará, n.º de alumnos a asumir en cada AS e incremento progresivo dos mesmos, cronograma, etc.

O profesorado estaría composto por PACS – profesor asociado clínico de ciencias da saúde (non se exixe título de doutor) e Vinculados (PPL – Profesorado permante laboral titulares, catedráticos) figuras para as que sí se exixe o título de doutor e ademáis pasar a acreditación por parte das axencias nacional (ANECA) ou galega (ACSUG). A validez da acreditación de ACSUG soamente é para as universidades galegas, a de ANECA é para toda España.

Os PACS poden asumir un número limitado de horas de docencia teórica, á marxe das prácticas. Está por definir cómo o profesorado adscrito a outras universidades (Uvigo, U. A Coruña) poderían participar nesta docencia.

Tódolos interesados en formar parte das novas UDC e que estean en posesión do título de doutor deberán realizar as xestións (online) para conseguir a acreditación das axencias (o proceso é tedioso pero non complicado) xa que transcorre un tempo entre que é cursada a solicitude e se obtén unha avaliación positiva ou negativa da axencia (ata 6 meses).

Estase a preparar un informe para entregar na Comisión Mixta SERGAS-USC cun censo potencial de profesores (PACS actuais, profesionais xa acreditados por ANECA/ACSUG ou en proceso de acreditación) así como descrición de infraestruturas e que reflicta como estamos de preparados para asumir este reto.

Polo tanto suxerimos :

1. Aos que sodes doutores:

– Solicitar acreditación ANECA, cantos máis, mellor, XA MESMO.

https://www.aneca.es/procedimiento-de-solicitud

A Academia de Medicina de Familia (AMFE) de Semfyc ten un procedemento para axudarvos na solicitude.

https://www.semfyc.es/semfyc/universidad-amfe/amfe/servicios

2. Ao resto de socios/as  suxerímosvos que preparedes o voso CV cos criterios de universidade para  ser PACS: con actividades docentes, actividade asistencial, investigación, actividades formativas, etc.

É importante estar atentos ás convocatorias de prazas de PACS para as que, insistimos, non se necesita ser doutor, e pasar a formar parte do profesorado das UDC próximas, onde os médicos/as de familia debemos ter unha presenza importante.

Estamos no principio dun proceso que levará tempo pero non podemos deixalo pasar.

Xunta Directiva de AGAMFEC

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies