O médico de Familia atende, no seu quefacer, tamén a pacientes en idade infantil. O grupo de traballo xurde para desenrolar, de forma exclusiva nese periodo da vida, as patoloxías que se atopan nunha consulta de Atención Primaria. Aínda así queremos traballar, de forma transversal, tamén cos demais Grupos de Traballo da AGAMFEC, centrados máis na patoloxía da idade adulta, anque sen olvidarnos das patoloxías propias da infancia e adolescencia.
Como tal, o obxetivo é desenrolar actividades, talleres e publicacións relacionadas sempre coa etapa infanto-xuvenil, intentando complementar a formación do médico de Atención Primaria na etapa pediátrica.
Finalmente, só animarvos a contactar con nós para calquer dúbida ou suxerencia, a través do noso correo electrónico: pediatria@agamfec.com
Saúdos
Fátima Fernández Souto, coordinadora do grupo