A Agamfec capacita a máis de 20 alumnos como instructores de Soporte Vital Básico do Programa ESVAP (Programa de Ensino de Soporte Vital en Atención Primaria) da semFYC. Este programa ten como obxectivo que o persoal sanitario promova o ensino de técnicas de resucitación cardiopulmonar básicas á poboación xeral e o Soporte Vital con equipos de desfibrilación no ámbito da Atención Primaria.
Durante toda a xornada do sábado, profesionais sanitarios chegados de toda Galicia actualizaron os seus coñecementos en Soporte Vital e se adestraron en técnicas de formación e metodoloxía docente. Tras esta experiencia, poderán incorporarse como instructores do programa ESVAP, permitíndolles impartir no futuro cursos de Soporte Vital Básico e manexo de Desfibriladores Semiautomáticos.
As instalacións do Hospital Montecelo de Pontevedra volveron a albergar unha intensa fin de semana de formación do Grupo de Traballo de Urxencias da Agamfec con sendos cursos de Soporte Vital Inmediato e Instructor de Soporte Vital Básico