Debido á aparición do Coronavirus, as Autoridades Sanitarias pedíronlle que permanezan na casa, podendo só saír para o estritamente necesario.
Esta medida é moi importante para evitar que vostede se contaxie e/ou contaxie ós demais, pero pode resultar incómoda, sobre todo se vostede está só/a.
Intente realiza-las actividades deste decálogo para levalo o mellor posible.
- Actitude positiva. Vostede é forte e capaz e esta situación non durará para sempre.
- Manteña unha hixiene correcta, sen obsesionarse.
- Evite falar todo o tempo deste tema.
- Apóiese na súa familia, amigos ou rede de voluntarios. Utilice o teléfono para comunicarse con eles.
- Axude ós demais a seren positivos e adaptarse a esta situación. Vostede é moi valioso.
- Utilice só información veraz: Ministerio de Sanidade, Colexios de Médicos, organismos oficiais, OMS, etc.
- Intente levar unha vida o máis normal posible. Cree rutinas diarias, non deixe de amañarse, nin facer cousas que lle fagan sentir ben.
- Márquese pequenos obxectivos que poida cumprir cada día para estar activo.
- Se non pode saír da casa, avise á rede de voluntarios para que lle faga a compra e os recados que precise.
- Non trivialice o seu risco nin se obsesione con el. Sexa prudente.