Ola!
Hoxe é o Día Mundial da Medicina de Familia e dende AGAMFEC – semFYC pensamos en promover unha campaña reivindicativa:
#1MFmás: Un médico de familia máis por cada 10.000 cidadáns para garantir a calidade da atención sanitaria.
Con só 34.900 médicos atendendo aos cidadáns na Atención Primaria, a media de efectivos por cada 10.000 habitantes de España queda en 7,6, lonxe dos 9,7 que hai de media en Europa. Ante tal circunstancia, a semFYC cifra o incremento necesario coa cifra de 4.500 médicos de familia máis para que se incorporen no corpo de médicos que atenden aos cidadáns en AP.
Podes axudarnos de varias formas:
– Explicando o obxectivo da campaña no teu Centro de Saúde, nas redes sociais, na Universidade, aos teus pacientes,…
–Colocando a imaxe da campaña no teu avatar de Twitter, Facebook ou calquera outra rede social e difundindo os motivos da campaña nas redes sociais usando a etiqueta #1MFmás
Grazas pola túa colaboración!