Hoxe é o Día Mundial do Autocoidado que reivindica os bos hábitos de saúde persoal. Unha persoa que practique o autocoidado será capaz de tomar mellores decisións acerca da saúde e acudirá menos ao profesional sanitario.
Próximamente a semFYC organizará por terceiro ano consecutivo a Semana do Autocoidado e recórdavos o “Decálogo para vivir máis, mellor e máis feliz” elaborado polo Grupo de Traballo de Educación Sanitaria e Promoción da Saúde do PAPPS.
1. A alimentación debe ser:
· Suficiente, para manter ou conseguir un peso saudable. Variada, comer un pouco de moitos alimentos para evitar a carencia de nutrientes.
· Equilibrada, comer todos os días alimentos de todos os grupos.
· Segura, non correr riscos e elixir alimentos de orixe segura, con atención ao envasado correcto e íntegro. Apetecible, cociñar ben é unha arte e hai que coidalo. Non hai dúbida: elixir a dieta mediterránea.
…