Estamos a establecer unha relación de colaboración entre o grupo de traballo de Atención ao maior de AGAMFEC e a Sociedade Galega de Xeriatria e xerontologia, tanto no campo da formación coma da investigación. O primeiro proxecto que estamos a desenvolver é esta enquisa sobre a abordaxe do deterioro cognitivo en atención primaria.
Enquisa elaborada polo Grupo de Traballo de Atención o Maior da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX). É de carácter anónimo e voluntario. Os investigadores comprométense a non tomar ningunha medida que comprometa o anonimato dos entrevistados.
Consta de 25 preguntas e levarache aproximadamente 10 minutos. Os resultados compartirémolos no XXXIII Congreso da SGXX e tamén serán publicados nas páxinas web de ambas sociedades. Grazas por axudar.
Enlace á enquisa en galego:
https://sgxx.org/cuestionario-formacion
Enlace á enquisa en castelán:
https://sgxx.org/es/cuestionario-formacion
Pregamos contestes á enquisa que pode axudarnos moito para facernos unha idea das necesidades de formación e investigación neste tema.
NOTA: pode que nos ordenadores do SERGAS non se consiga acceder as enquisas, pero si poderás facelo no teu ordenador persoal ou no teléfono.
MOITAS GRAZAS DE NOVO!
GdT de Atención ao Maior