Entrega de firmas na Coruña

O Colectivo de médicos de atención primaria da Xerencia de Xestión lntegrada da Coruña, fixo entrega o 14 de febreiro, de 280 firmas recollidas en 35 centros de saúde do area: Abegondo, Abente y Lago, Aceadamá, Adormideras, Arteixo, Vilarrodrís, Bergondo, Betanzos, Camariñas, Cambre, Camelle, Carballo, Carral, Casa do Mar, Cee, Elviña, Federico Tapia, Fisterra, Guísamo, Labañou, Laxe, Mallos, Malpica, Mera, Novo Mesoiro, Portádego, Perillo, Rosales, San Xosé A, San Xosé B, Santa Cruz, Temple, Ventorrillo, Vimianzo,Zas.

Pedindo:

  • – lncrementar o orzamento da Atención Primaria ata alcanzar o 25%.
  • – lncremento das prazas médicas para acabar coa masificación das cotas e consultas.
  • – Apoiar aos PACs en pé de guerra en todas as súas reivindicacións.
  • – Poñer fin á política de precariedade laboral de persoal, imprescindible para garantir a calidade da asistencia. Rexeitando o modelo de contrato acordado na mesa sectorial e denominado “Nomeamento Estatutario Eventual de Continuidade no ámbito do SERGAS”.
  • -Modificar a Lei Galega de Saúde para que na estrutura de xestión de área haxa unha dirección de atención primaria do mesmo nivel que a dirección hospitalaria e teña capacidade de xestión propia.
  • – Rexeitar a Comisión e grupos de traballo creados pola Consellería para planificar un novo modelo de Atención Primaria.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies