Información das datas
05/11/2014 - 06/11/2014
Todo o día
Sede de celebración
Hospital Naval de Ferrol (Aula de simulación)
Na/s categoría/s
Número de alumnos: 20
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 25 DE OUTUBRO DE 2014
Duración: 20 horas
OBXETIVOS:
Xerais:
Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.
Específicos:
Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:
- Recoñecer a perda de consciencia.
- Realizar a apertura da vía aérea.
- Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
- Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
- Realizar o illamento da vía aérea.
- Manexar adecuadamente as vías venosas.
- Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
- Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.
- Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
- Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
- Utilizar os medios de inmobilización máis axeitados.
- Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
- Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
- Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral de acordo a súa patoloxía.
ORGANIZACIÓN:
Programa / cronograma:
PRIMEIRA XORNADA
Teórica 09:00 – 9:30 h. |
PRESENTACIÓN, EXAME TEÓRICO INICIAL (FERNANDO SOUTO) |
Teórica 9:30 – 10:00 h. |
SOPORTE VITAL BÁSICO (FERNANDO SOUTO) |
Obradoiro 10:00 – 10:30 h. |
PRÁCTICAS DE SOPORTE VITAL BÁSICO (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
10:30 – 11:30 h. | PRÁCTICAS DE ARRITMIAS PERIPARADAS (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
11:30 – 12:30 h. | PRÁCTICAS DE VÍA AÉREA (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
Obradoiro 12:30 – 14:00 h. |
PRÁCTICA INTEGRADA CARDIO-TRAUMA (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
Obradoiro 16:00 – 17:30 h. |
Prácticas de Trauma: Retirada Casco, Kendrick y Decubito Irregular (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
Teórica 17:30 – 18:00 h. |
ATENCIÓN INICIAL AO PACIENTE POLITRAUMATIZADO (FERNANDO SOUTO) |
Teórica 18:00 – 18:30 h. |
TRAUMA TCE, TORACO-ABDOMINAL-EXTREMIDADES (FERNANDO SOUTO) |
18:30 – 18:45 h. | Descanso |
Obradoiro 19:00 – 21:00 h. |
Práctica Integrada Cardio-Traumatológico (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
SEGUNDA XORNADA
Teórica 9:00 – 9:30 h. |
SITUACIONES ESPECIALES (FRAN RASCADO) |
Teórica 9:30 – 10:00 h. |
Sedación, analgesia y relajación neuromuscular: SRI(FERNANDO SOUTO) |
Obradoiro 10:00 – 12:00 h. |
Práctica integrada en trauma /cardio (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
12:00 – 12:15 h. | Descanso |
12:15 – 14:00 h. | RepasoGrupos A-B-C (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
16:00 – 16:30 h. | Exame teóricoFdo souto |
16:30 – 18:45 h. | Práctica Integrada en trauma/cardio (FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
18:45 -1 9:00 h. | Descanso |
19:00 – 21:00 h. | Examen Práctico ENCUESTA DE SATISFACCIÓN(FERNANDO SOUTO/FRAN RASCADO/U.Veloso) |
Profesorado:
Instructores e monitores de RCP avanzada da SEMICYUC (Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias).
Persoal docente con actividade habitual nas emerxencias médicas..
Criterios de selección dos alumnos:
O curso está dirixido a persoal sanitario (médicos e DUE) con actividade profesional en servizos de urxencias intra e extrahospitalarias. Por iso, seleccionaranse as solicitudes en base a:
- Lugar de actividade profesional habitual: valorarase o desempeño de actividade en servizos de urxencias.
- Número de pacientes atendidos ó ano en servizo de traballo habitual: valorarase o maior número de pacientes.
Dirixido a:
Médicos e diplomados universitarios en enfermaría con expecialidade de urxencias, e médicos coa especialidade de medicina familiar e comunitaria.
PERTINENCIA DA ACTIVIDADE:
Necesidades ás que responde:
- Profesionais: Completar e reforzar unha área esencial para o correcto desempeño do traballo profesional habitual.
- Necesidades detectadas de acordo ao estudio Delphi: As necesidades de formación do persoal sanitario da rede asistencial do SERGAS.
Método de detección empregado:
- Demanda habitual deste tipo de formación por parte dos profesionais.
- Enquisas dirixidas.
- Demanda vía Internet a nosa páxina Web.
METODOLOXÍA DOCENTE:
O curso consta dunha parte de clases teóricas e outra de desenvolvmento de obradoiros prácticos para adquirir as habilidades específicas das técnicas de RCP avanzada cardiotraumatolóxica.
ACREDITACIÓN:
Todos os alumnos recibirán un diploma do curso realizado que será emitido polo Comité Autonómico de RCP e programa ESVAP da SEMFYC.
A lista de alumnos que teñan realizado o curso será enviada á Secretaría do Comité de RCP, así como o programa impartido e un resumo dos resultados da enquisa.
Comisión Autonómica de Formación Continuada do Plan Nacional de Salud.
AVALIACIÓN:
Requerimentos para a obtención de créditos:
- Asistencia ao 100% das clases teóricas e prácticas.
- Exame teórico tipo test: require superar o 75% das preguntas.
- Exame de práctica integrada: simulación dunha situación de parada cardiorrespiratoria que debe ser tratada polo alumno como director do equipo.
Avaliación dos docentes:
- Enquisa de satisfacción por parte dos alumnos.
- O curso debe ser superado por máis do 80% dos asistentes.
DESCARGAR INFORMACIÓN COMPLETA DO CURSO EN FORMATO PDF
Reservas de praza
As reservas están pechadas.