Información das datas
24/11/2016 - 25/11/2016
Todo o día
Sede de celebración
Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense
Na/s categoría/s
FASE ONLINE: 29 OUTUBRO-23 NOVEMBRO 2016
FASE PRESENCIAL: 24-25 NOVEMBRO 2016
CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL (OURENSE)
Obxectivos xerais
Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.
ESPECÍFICOS
Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:
- Recoñecer a perda de consciencia.
- Realizar a apertura da vía aérea.
- Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
- Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
- Realizar o illamento da vía aérea.
- Manexar adecuadamente as vías venosas.
- Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
- Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.
- Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
- Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
- Empregar os medios de inmobilización máis axeitados.
- Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
- Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
- Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral dacordo á súa patoloxía.
DOCENTES
Instructores de Soporte Vital Avanzado do Programa ESVAP da semFYC (Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria) e persoal docente con actividade habitual nas emerxencias médicas.
DIRIXIDO A
Médicos e DUE con especialidade de urxencias intra e extrahospitalarias, e médicos coa especialidade de medicina familiar e comunitaria. Por iso, seleccionaranse as solicitudes en base a: Lugar de actividade profesional habitual (valorarase o desempeño de actividade en servizos de urxencias) e número de pacientes atendidos ó ano en servizo de traballo habitual (valorarase o maior número de pacientes)
Mais informacion e programa no diptico que podes descargar premendo aqui
Reservas de praza
As reservas están pechadas.