XX Xornadas de Medicina Familiar e Comunitaria

Mapa no disponible

Información das datas
20/11/2015 - 21/11/2015
8:30 am - 10:30 pm

Na/s categoría/s


PRESENTACIÓN
Este ano AGAMFEC celebra en Vigo os seus vinte anos de Congresos de Medicina de Familia,
e querémolo celebrar rompendo con todo o establecido, coas ideas preconcibidas acerca
dun congreso, e en vez de dous únicos días, ampliamos a duración do noso evento a toda
unha semana, concretamente do 16 ao 22 de novembro, sete días enteiros de actividades
por e para a comunidade: A Semana da Atención Primaria.
A Semana da Atención Primaria inclúe actividades moi diferentes:
Xornadas “Saúde para todos en Vigo” AGAMFEC 2015
Do 16 ao 19 de novembro. Encontros para a poboación en xeral nos que intercambiar
experiencias, datos e vivencias. Con temas de máxima actualidade:
Obradoiro de actividade física e promoción da saúde. Impartido polo Grupo de
Actividade Física e Saúde da AGAMFEC. Luns 16 de novembro, 16:30 – 20:30 h.
Carpa na Porta do Sol, Vigo.
Novas tecnoloxías. Novas enfermidades? Tecnoadiccións, tecnoestrés. Os riscos
das novas ferramentas no ámbito familiar e escolar. Impartido por Víctor Julio
Quesada Varela, coordinador do Grupo de Novas Tecnoloxías da AGAMFEC. Martes
17 de novembro, 19:30 – 20:45 h. Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo).
Día Mundial da EPOC. Que é a EPOC e por que poñer o seu nome a un día?
Impartido por Jaime Gonzálvez Rey, Fátima Díaz Mosquera e Isabel Portela Ferreño
do Grupo de Traballo de Enfermidades Respiratorias e Abordaxe ao Tabaquismo
da AGAMFEC. Mércores 18 de novembro, 19:30 – 20:45 h. Casa Galega da Cultura
(Praza da Princesa 2, Vigo).
Quéreme moito, quéreme ben. Obradoiro de prevención da violencia de xénero
na adolescencia. Impartido por Rosana Izquierdo Fernández, coordinadora do Grupo
de Violencia de Xénero da AGAMFEC. Xoves 19 de novembro, 19:30 – 20:45 h. Casa
Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo).
Vasco de Gama Conference Exchange
Do 17 ao 22 de novembro. Actividades dirixidas a médicos xóvenes e en formación. Inclúe
visitas a centros de saúde e 5 becas de inscrición ás Xornadas.
Xornada Precongresual
Tarde da Dermatoloxía en Primaria. Xoves 19 de novembro, 17:00 – 20:00 h. Colexio Médico
de Vigo (R/ Ecuador 84, Vigo).
As XX Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria
Baixo o lema “Novos Retos para unha Nova Medicina de Familia”, porque ningunha
especialidade cambiu tanto como a nosa nas útimas dúas décadas. O noso congreso de
sempre pero novo e cambiado por completo, os días 20 e 21 de novembro, con múltiples
propostas para os médicos e enfermeiros de familia galegos. Charlas, obradoiros, debates,
premios e moitísimo máis.

DESCARGAR PROGRAMA

 

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies