O grupo de intervención comunitaria Salubrízate quere achegar á sociedade outra das pílulas informativas. Nesta ocasión propón unha táboa de exercicios respiratorios para axudar ás persoas convalecientes da COVID-19 e que teñen a finalidade de manter sans os noso pulmóns e facerlle fronte ao coronavirus ben preparados.
- Traballa e descansa para garantir un sono axeitado.
- Dieta equilibrada.
- Deixa de fumar.
- Lavados nasais: Coa cabeza inclinada para atrás e a boca pechada, instila 5 cc de soro fisiolóxico por unha fosa nasal, e inspira rápida e profundamente, mentres pechas a outra fosa co dedo polgar. Fai o mesmo na outra. Tuse ou cuspe as secrecións pola boca.
- Fai os seguintes exercicios 2 veces ao día, durante 15-45 minutos. Pódelos facer deitado o sentado.
- Respiración diafragmático abdominal
- Colle aire lenta e profundamente polo nariz coa boca pechada até a túa máxima capacidade, notando como a barriga comeza a inflarse.
- Solta o aire lentamente pola boca cos beizos engurrados como se sopraras, notando coas mans como a barriga vai desinflando. Axúdate coas mans para expulsar o máximo aire posible.
- Repite 10 veces.
- Respiración costal
- Colle aire lenta e profundamente polo nariz coa boca pechada até a túa máxima capacidade, dirixindo o aire ao peito, que comezará a se elevar.
- Soltar o aire lentamente pola boca cos beizos engurrados como se sopraras, notando como o peito baixa. Axúdate coas mans para expulsar o máximo aire posible.
- Repite 10 veces.
- Respiración con beizos engurrados
- Inspira lenta e profundamente polo nariz.
- Aguanta o aire 2-3 segundos, se podes.
- Sopra lentamente pola boca cos beizos engurrados como se apagaras unha vela.
- Repite 10 veces