Os pasados días 19 e 20 de outubro, máis de vinte profesionanis da medicina e a enfermería das áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra, asistiron ao curso de Soporte Vital Avanzado Cardio-Traumatolóxico que se celebrou na sede de Vigo do Colexio Oficial de Medicos.
Durante este curso, 5 docentes do “Grupo de Urxencias da AGAMFEC” de diferentes especialidades da urxencia hospitalaria e extrahospitalaria, formaron de forma simultanea ao persoal asistente que de xeito rotatorio se entrenaba en diferentes estacións de traballo.
Durante as dúas xornadas e mediante a realización de sesión prácticas puidéronse practicar os aspectos destacados para a RCP de calidade, os distintos algoritmos de Soporte Vital Avanzado, a actuación ante diferentes tipos de arritmias, a abordaxe de calquera tipo de pacientes politraumatizados e o manexo avanzado da vía aérea.
Para esta formación contouse cun gran despregue de medios consistente en monitores-desfibriladores multiparamétricos de última xeración, simuladores de soporte vital avanzado para o tratamento de arritmias, equipamento para a práctica de manexo da vía aérea, dispositivos de feed-back para a RCP, asi como diverso material de movilización e inmovilización en politrauma.