Expansión do brote de Ebola en Africa Occidental

O Virus Ebola

Detectouse por primeira vez en 1976, en dous brotes simultáneos en Nzara (Sudán) e Yambuku (Zaire, hoxe República Democrática do Congo). A aldea onde houbo o segundo está situada preto do río Ébola, que dá nome ao virus.

Hai cinco especies diferentes de virus Ébola: Bundibugyo, Côte d’Ivoire, Reston, Sudán e Zaire. As especies Bundibugyo, Sudán e Zaire foron asociadas con grandes brotes de Ébola en África, que teñen una taxa de mortalidade de 25% -90% de todos os casos clínicos, o que non aconteceu coa especie Côte d’Ivoire e Reston.

Considérase que os hospedeiros naturais do virus son os morcegos frugívoros da familia Pteropodidae.

O virus Ébola transmitese aos seres humanos tanto por manipulación de animais salvaxes infectados, enfermos ou mortos (chimpancés, gorilas, monos, antílopes, morcegos frugívoros), como de persoa a persoa por contacto directo con sangue, fluídos corporais ou tecidos de persoas infectadas, ou contacto indirecto con materiais contaminados con eses líquidos.

As cerimonias fúnebres onde teñen contacto directo co corpo do defunto tamén pode causar a transmisión.

Os datos recollidos sobre a súa patoxenicidade e virulencia en humanos só se refiren a varons adultos sans, sería prematuro extrapola-los a todos os grupos de poboación, como inmunodeprimidos ou problemas médicos subxacentes, mulleres embarazadas ou nenos.
Signos e síntomas

O EVE é unha enfermidade viral aguda grave que a miúdo caracterizase por un inicio súbito de febre, debilidade intensa, dores musculares, dor de cabeza e dor de gorxa, que é acompañada de vómitos, diarrea, erupcións cutáneas, disfunción hepática e renal e, nalgúns casos, hemorraxia interna e externa. Os resultados de laboratorio mostran a redución do número de leucocitos e de plaquetas, e aumento das encimas hepáticas.

Os pacientes son contaxiosos mentres o virus está presente no sangue e secrecións. O Virus Ébola foi illado no seme ata 61 días despois do inicio da enfermidade nun caso de infección adquirida en laboratorio.

O período de incubación (tempo dende a infección ata o inicio dos síntomas) varía de 2 a 21 días.

Diagnóstico

Antes de facer un diagnóstico de EVE debese descartar a malaria, a febre tifoide, shigelose, cólera, leptospirose, peste, Rickettsia, febre recorrente, meninxite, hepatite e outras febres hemorráxicas virais.

As Infeccións con virus Ébola só poden ser diagnosticadas por probas de laboratorio, a saber:
• Proba de ELISA;
• Probas de detección de antíxenos;
• Probas de seroneutralización;
• Reacción en cadea da polimerasa con transcriptasa inversa (RT-PCR);
• O illamento do virus por cultivo de células.

As mostras de pacientes representan un gran risco biolóxico, e as probas deben realizarse baixo condicions de contención biolóxica máxima.

Prevención e tratamento

Non hai un tratamento ou unha vacina específica para os seres humanos ou animais. Varias vacunas e tratamentos están sendo probados, pero ningun se atopa aínda dispoñible para uso clínico.

O tratamento de rutina é a terapia de soporte. Os casos graves precisan coidados intensivos. Os pacientes estan frecuentemente deshidratados e requiren rehidratacion intravenosa ou por vía oral con solucións que conteñen electrólitos.

A concienciacion dos factores de risco para esta infección e as medidas de protección que a xente pode tomar é a única forma de reducir o número de infeccións e mortes.

O contacto físico cos pacientes debese evitar e utilizar luvas e equipos de protección individual adecuados para coidar dos enfermos na casa. Debe lavar as mans regularmente, despois de visitar os enfermos no hospital e despois de coidar de pacientes na casa.

Os pacientes que morren deben ser enterrados rapidamente e con seguridade.

Hai casos de transmisión nos profesionais da saúde en situacións que non foron tomadas medidas adecuadas para controlar a infección.

Non sempre é posible identificar precozmente os pacientes con EVE, porque os síntomas iniciais poden ser inespecíficos. Por esta razón, é importante que os profesionais da saúde observen sempre e en todolos lugares as precaucións habituais en todos os pacientes, con independencia do diagnóstico. Estas inclúen a hixiene básica de mans, hixiene respiratoria, o uso de equipos de protección individual (en función do risco de salpicaduras ou outro contacto con material infectado) e as prácticas de inxección segura e enterro.

Os profesionais sanitarios que coidan de pacientes con confirmación ou sospeita de virus Ébola deben, ademais das precaucións xerais, tomar outras medidas de control de infección para evitar calquera exposición a sangue ou fluídos corporais do paciente e o contacto directo co medio ambiente, posiblemente contaminado. Cando teñan contacto próximo (ata 1 metro) con pacientes con EVE, os profesionais sanitarios deben protexer a cara (con mascara, máscara médica e lentes), e usar bata limpa pero non estéril, con mangas longas e luvas (estériles para algúns procedementos)

Os que traballan no laboratorio tamén están en perigo. As mostras recollidas para fins de diagnóstico en seres humanos ou animais con sospeita ou confirmación de virus Ébola deben ser manipulados por persoal adestrado e procesadas en laboratorios debidamente equipados.

O documento Interim infection control recommendations for care of patients with suspected or confirmed Filovirus (Ebola, Marburg) haemorrhagic fever, da OMS de marzo de 2008, que está sendo actualizado, conten recomendacions acerca de cómo evitar a infección cando se proporciona asistencia médica a pacientes con EVE presunta ou confirmada.

O novo brote de Evola

A aparición dun brote da enfermidade Ébola (EVE) en África Occidental en Marzo de 2014 está poñendo a proba os tres países implicados (Guinea, Liberia e Serra Leona), cuxos gobernos colaboran intensamente coa OMS e outros socios para reforzar as medidas para controlar a epidemia.

Este brote é preocupante porque estáse estendendo tanto na comunidade como en centros de saúde e apareceu nas ciudades, nas áreas rurais e nas zonas fronteirizas.

A 17 de xullo de 2014, o número acumulado de casos atribuibles a EVE nos tres países era de 1048

ebolaxullo2014
A 1 de agosto de 2014, a OMS advirte que o brote de Ébola está fóra de control tras 1.323 casos rexistrados e 729 falecementos nos tres países dende marzo de 2014. 60 das vítimas eran persoal médico.

Asi días atrás faleceu o xefe médico encargado da loita contra o Ébola en Serra Leona, Umar Khan, de 39 anos. Hoxe chegou a Atlanta o norteamericano Kent Brantly, médico voluntario que traballaba en Liberia, convertindose no primeiro paciente tratado de Ébola nun hospital de Estados Unidos, nunha unidade illada para enfermidades altamente contaxiosas. Ademais espera ser trasladada a principios da próxima semana a Atlanta Nancy Writebol una misioneira, que enfermou tamén en Liberia. Ambos pacientes recibiron un tratamento experimental antes da súa evacuación.

Dada a rápida propagación do virus e a posibilidade de chegar a Europa fai plantexar restricións á circulación de persoas. E a posta en marcha dun plan de 100 millóns de dolares para intentar controlar a epidemia.

Mentres A Cruz Vermella envía mais medios a zona, e publicou hoxe un comunicado no que define como lenta e insuficiente a resposta da comunidade internacional ante o abrocho de Ébola de África Occidental.

O ministerio de asuntos exteriores desaconsella viaxar a estes países (Sierra Leona, Liberia e Guinea) salvo extrema necesidade.

Mais información en
http://www.who.int/csr/don/2014_07_19_ebola/es/

1 comentario en “Expansión do brote de Ebola en Africa Occidental”

  1. Pingback: Paremos el ébola en África del Oeste | Medicina Familiar y Comunitaria

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies